Skip to Content

Información Coronavirus

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos

A continuación transcríbese a información enviada por dita Dirección Xeral:

CORONAVIRUS PARA EDUCACIÓN

En relación coa epidemia de coronavirus no norte de Italia (neste momento nas rexións do Piamonte, Lombardía, Veneto e Emilia-Romagna) e, despois de ter coñecemento de viaxes do alumnado de determinados colexios e institutos, tanto públicos coma privados; ou de intercambios de alumnado con este país, pregámosche difundas esta información a todos os centros públicos é privados de Galicia, para que lla acheguen ao alumnado e profesorado que participou ou vai participar neste tipo de viaxe ou intercambio.

As viaxes e intercambios coas rexións afectadas deberían evitarse agás que sexa estritamente necesario facelo.

Toda persoa que viaxe a Italia, ou acabe de chegar de alí, deberá seguir as recomendacións que vos xuntamos de Sanidade Exterior e do Centro de Coordinación de alertas e Emerxencias do Ministerio de Sanidade para que difundades tamén, aínda que no momento actual só se refire aos que veñen de China ou viaxan alí, son igualmente válidas para Italia.

Ademais, xuntamos as ligazóns para información sobre o coronavirus, tanto da páxina de Saúde Pública coma do Ministerio de Sanidade

En atención ao anterior o Ministerio de Sanidade recomenda non viaxar a zonas afectadas, que poden variar co transcurso do tempo, polo que convén informarse dos territorios na páxina web do Ministerio.

En relación coas persoas, alumnado e profesorado que retornen de zonas afectadas, a súa actividade será a normal, pero deben mostrar atención a aparición de calquera sintomatoloxía e nese caso poñerse en contacto co 061 ou co 112.

Prégase que os centros que teñan previsto viaxar a zonas de risco ou que teñan recibido alumnado e profesorado das zonas de alerta epidemiolóxica sigan atentamente as instrucións das autoridades sanitarias. A información está dispoñible nas páxinas do Sergas e do Ministerio de Sanidade e actualizase con frecuencia.

Para consultas puntuais ou intervención sanitaria 061 ten establecido un número de telefono de atención.

No seguinte enlace aparece a información actualizada facilitada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia referida aos seguros de cancelación de viaxes polo coronavirus:

https://consumo.xunta.gal/

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE EN RELACIÓN Á SITUACIÓN ACTUAL DO NOVO CORONAVIRUS EN GALICIA (05/03/2020)

Achégase o novo documento emitido pola Consellería de Sanidade en relación coa información sobre o Covid-19.

Información Coronavirus


image | by Dr. Radut