Dadas as circunstancias sanitarias no concello de Ribeira e nos concellos limítrofes e, tras solicitar autorización á Inspección Educativa, foinos concedida a suspensión das clases presenciais o vindeiro luns 21 e martes 22 de decembro, autorizándonos a levar a cabo os labores educativos neses días de forma virtual, mediante a Aula Virtual e sesións de videoconferencia. É así que o alumnado debe conectarse por webex no horario habitual para recibir as súas clases a través desa aplicación.