A partir de mañá, estarán publicadas as listaxes provisionais de admitid@s e excluíd@s do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria.
Canles de información:
a) Non presencial: a través da aplicación fondolibros coa chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
b) Presencial: no taboleiro de anuncios do centro.
A entrega do vale do material efectuarase a partir de setembro.
Prazo de reclamación: 15 e 16 de xullo.