Skip to Content

Últimas publicacións

18/04/2024 - 18:46

O xoves pasado, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato percorreu a Serra do Barbanza xunto co docente Xulio Gutiérrez, autor do libro Rotas pola Serra do Barbanza. Na ruta escollida, a rapazada tivo a...

11/04/2024 - 22:53

E a árbore do Leliadoura mudou de novo e agora, acorde coa estación que nos toca, xa a temos toda primaveral, ao tempo que preparada para acoller os niños dos paxariños.

Mirade para aí o que tal fixo o alumnado de 1º ESO dentro dun proxecto coa súa profesora de Tecnoloxía, Ana Oliveira.

...
11/04/2024 - 22:38

O departamento de Historia está a realizar unha serie de actividades para dar a coñecer ao alumnado a situación vivida no noso país por mor da Guerra Civil. É así que este mércores recibiron a Xoán Hermida, profesor retirado de Historia no outro instituto da vila, no Nº 1, que lles falou da preparación do golpe de estado de 1936, da toma de Ribeira polos rebeldes o 28 de xullo e da...

11/04/2024 - 22:16

No seguinte enlace pódese consultar o calendario e toda a información referente ao proceso de admisión das probas libres de títulos LOE / LOXSE de FP.

11/04/2024 - 22:06

Todas as solicitudes de admisión entregadas no IES Leliadoura foron aceptadas. Pódese consultar a listaxe no taboleiro do centro ou chamando á Secretaría.

05/04/2024 - 14:59

O Ministerio de Educación vén de publicar a convocatoria das "Becas Eurolingua" para este verán 2024.

Estes cursos, que están subvencionados ao 100%, constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído,...

02/04/2024 - 22:24

02/04/2024 - 20:04

Antes de nos ir de vacacións e aproveitando o parón dos exames, o alumnado de ciclos asistiu a unha charla sobre ciberseguridade e seguridade nas finanzas. 

A charla, integrada no marco da Global Money Week, foi impartida por Carlos Otero, director dunha sucursal da nosa vila, que centrou o seu relatorio na importancia...

21/03/2024 - 21:30

Alumnado de ASIR e DAM visitou hoxe mesmiño a empresa de Negreira "Servizo móbil". Alí coñeceron como funciona o sistema informático que conecta distintos puntos da atención sanitaria de Galicia coas bases loxísticas do SERGAS. A visita resultoulles do máis interesante. Agradecemos profundamente á empresa permitirnos entrar e coñecer cousas ben interesantes e especialmente a Gonzalo,...

21/03/2024 - 21:19

Este luns pola tarde, a rapazada do bacharelato científico puido desfrutar dun relatorio do profesor de Física e Óptica da USC, Carlos Montero. 

Empregando como referencia literaria o señor Jekyll e a Mr. Hyde fixo un repaso pola Física dos séculos XVIII, XIX e XX, centrándose na concepción que se tiña...



by Dr. Radut