E a árbore do Leliadoura mudou de novo e agora, acorde coa estación que nos toca, xa a temos toda primaveral, ao tempo que preparada para acoller os niños dos paxariños.
Mirade para aí o que tal fixo o alumnado de 1º ESO dentro dun proxecto coa súa profesora de Tecnoloxía, Ana Oliveira.
O resto da decoración, coma sempre, correu da man e da boa vontade da propia Ana e de Belén.