Skip to Content

CHARLA DO PROGRAMA "A PONTE"

Este luns pola tarde, a rapazada do bacharelato científico puido desfrutar dun relatorio do profesor de Física e Óptica da USC, Carlos Montero. 

Empregando como referencia literaria o señor Jekyll e a Mr. Hyde fixo un repaso pola Física dos séculos XVIII, XIX e XX, centrándose na concepción que se tiña desta. Primeiro foi partícula, despois onda e por último as dúas cousas á vez. Para exemplificar este dilema e todas as preguntas que quedan sen resposta realizou na Biblioteca do centro, diante do alumnado, o que posiblemente sexa un dos 5 experimentos máis grandes da Física, O EXPERIMENTO DA DOBRE FENDA DE YOUNG. Ensinoulles tamén a facelo nas súas casas con materiais moi sinxelos de conseguir.

Así que agora tócalles experimentar!!!

CHARLA DO PROGRAMA "A PONTE"


image | by Dr. Radut