O xoves desta semana, é 11 de febreiro e conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por iso, desde a biblioteca quixemos levar a cabo durante a semana varias iniciativas.
Panel con toda a exposición |
Nas vitrinas montamos unha exposición con libros de temática STEM para fomentar o estudo e ensino das ciencias e as matemáticas desde os primeiros anos da Educación Secundaria ata o Bacharelato
Vitrinas con libros |
|
No panel verde da entrada, colocáronse tres exposicións simultáneas.
Mulleres divulgadoras |
Mulleres divulgadoras |
Persoas LGTBI de ámbito científico |
Mulleres inventoras e científicas |
O propio xoves 11 temos unha charla organizada pola Iniciativa 11 de febreiro (https://11defebrero.org/) lanzada en setembro de 2016 por un grupo de persoas do ámbito científico, de forma completamente voluntaria e sen ánimo de lucro co obxectivo de encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia promovendo prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico.
Esta tertulia será guiada pola carballesa Verónica Bolón Canedo, enxeñeira informática e profesora de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade da Coruña, recentemente galardoada cun dos premios Dona TIC na categoría de revelación polo seu traballo no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación outorgados pola Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, dentro do plan Dona TIC.
A esta charla asistirá o alumnado de 4º ESO e 1ºBacharelato que cursan a materia optativa de TICS e Introdución á programación. Ao rematar, Sara Cotelo e Sergio Amarelle (de 1º de Bacharelato) faranlle unha entrevista na radio Rebolondas do centro para a súa posterior emisión en formato podcast para que poida ser escoitado por toda a Comunidade Educativa.
Verónica Bolón Canedo |
O noso agradecemento ao blogue "Social Media en Investigación" que ten como obxectivo fusionar a ciencia e as redes sociais, e dar a coñecer proxectos de divulgación científica. O material usado para a exposición de mulleres divulgadoras e ciencia Arco Iris foi obtido de dúas das súas iniciativas:
Novas na prensa:
- Que pasa na Costa