INFORMACIÓN XERAL PARA AS FAMILIAS
1. NORMAS XERAIS
- Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala; ademais de panos de papel e xel hidroalcólico individual.
- Ningún alumno poderá saír do centro durante o recreo. Isto aplícase en particular ao alumnado menor de idade. O alumnado de bacharelato non pode saír do centro.
2. CONVIVENCIA
Terá a consideración de condutas leves contrarias á convivencia (apercibimento disciplinario) os supostos de incumprimento polo alumnado do uso da máscara nos tempos e lugares que sexan obrigatorios e o incumprimento das instrucións do profesorado. (Apartado 3.10 Protocolo COVID-19 31/08/2020).
3. TITORÍA E COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS
Os medio de comunicación do centro coas familias serán; páxina web do centro, AbalarMóbil, Aula virtual e comunicación telefónica. Solicitarase cita previa no teléfono do centro para a comunicación coas persoas titoras.
As titorías serán preferentemente por teléfono ou videoconferencia. No caso de que a presenza das familias no centro sexa absolutamente necesaria, pedirase cita previa.
DOCUMENTOS PROTOCOLO COVID:
Acceso á web do SERGAS: https://coronavirus.sergas.gal/