Entre os días 21 e 24 deste mes de maio, estase a celebrar a I semana da música do IES Isidro Parga Pondal.
A biblioteca e o departamento de música están ao fronte desta iniciativa, que pretende que, mediante numerosas actividades, o alumnado poida mergullarse no mundo da arte musical.
Varios profesores invitados, que exercen o seu labor docente en Oleiros, Castellón, A Coruña e Lugo serán os encargados de impartir as conferencias e os diferentes obradorios específicos ao alumnado da ESO e bacharelato durante todos estes días.
O venres 24 pecharase esta semana musical cun concerto de clausura, no que as alumnas e os alumnos interpretarán diferentes adaptacións vocais e instrumentais.
Cabe destacar que o alumnado de 4º estreará a sintonía da radio do centro, composta especialmente para o IES Parga Pondal polo profesor Paulo Padrón Santamarina.
Podes ver todos os vídeos na lista de reprodución