A ANPA "Fonte da Vella" organiza coa colaboración do IES Isidro Parga Pondal o III Ciclo de charlas para as familias.
As charlas impartiranse na biblioteca do centro os seguintes días:
- Mércores 11 de Abril ás 20:00 horas: Como saber se o meu fillo consome drogas
- Mércores 25 de Abril ás 20:00 horas: A xestión emocional na educación
- Mércores 9 de Maio ás 19:30 horas: Adolescencia e resolución de conflitos. O papel da familia
Ao remate de cada charla estades convidados a uns petiscos na cafetería do centro.
Para máis información pódese ver o cartel coa información das charlas.