Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

A solicitude de admisión pode presentarse a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción.

A solicitude de admisión será única e terá carácter vinculante. No caso de presentación de máis dunha solicitude para unha mesma persoa perderá os dereitos de prioridade que puidense corresponderlle.

O que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación listaxes provisionais antes do 25 de abril.

Publicación listaxe definitivas antes do 15 de maio.

Formalización matrícula en ESO e Bacharelato: do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Prazo extraordinario de matrícula ESO e Bacharelato: do 1 ao 10 de setembro.

 

O centro ten servizo de transporte escolar.

Lexislación aplicable: Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o proceso de admisión de alumnado (DOG 15/3/2013).