Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Blogues

Co gallo da folga á que todo o profesorado de Galicia está convocado o xoves 12 de decembro (CIG-Ensino, CCOO, Anpe, UXT, STEG e CSIF) co obxectivo de recuperar os horarios e mellorar as condicións de traballo, a dirección do centro informa á comunidade:

  • Terán a consideración de servizos mínimos [...] a dirección ou membro do equipo da dirección, segundo a ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019.
  • Segundo a mesma orde, "o dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores, dada a súa entidade, debe exercerse continuamente. Como servizo mínimo para garantilos establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza nos ditos centros do director ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneas a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicada no BOE do 4 de maio, e polo tanto, están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o director tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.

O Centro informa ás familias:

  • O centro abrirá as súas portas como unha xornada normal.

O director do IES Isidro Parga Pondal lembra ás nais/pais e titores/as legais que na matrícula de 1º ou 2º da ESO dos vosos fillos/as tivestes ocasión de elixir un seguro voluntario.

Se estades interesados/as aínda nel, tedes que pasar urxentemente polo centro para pagar a cota de 9.00€ en concepto de seguro escolar voluntario.

Se non estades interesados chamade ao centro (881880371) indicando os nomes dos vosos fillos/as e que non estades interesados no seguro voluntario.


En caso de non ter o seguro voluntario ou de non pagalo, os vosos fillos/as non estarán cubertos por este seguro mentres estean no centro ou fóra del realizando actividades extraescolares.

Achégase o calendario de exames de pendentes para o curso 2019/2020.

Proximamente esta listaxe, e os calendarios coas datas, estarán dispoñibles nas aulas e nas vitrinas de información do centro.

O listado pode sufrir cambios o longo do curso. Neste caso avisarase con tempo por este medio e no centro.

 

 

Achégase uns esquema das sesións de avaliación do curso e dos días das reunións das nais/pais cas titoras/titores.

Reunión/avaliación Data (*)
Avaliación inicial 7 e 9 de outubro
 Reunión nais/pais cas titoras/es 
 ESO xoves 17 de outubro ás 18.30h 
 Reunión nais/pais cas titoras/es 
 Bacharelato martes 15 de outubro ás 18.00h 
1º avaliación 17, 18 e 19 de decembro
2º avaliación 2º bacharelato 9 de marzo
2º avaliación (resto) 25 e 26 de marzo
3º avaliación 2º bacharelato 18 de maio (**)
Avaliación extraordinaria 2º bach. 19 xuño
3º avaliación (resto) 22 e 23 de xuño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(*) As datas poden cambiar por motivos de organización interna do centro. Neste caso avisarase con suficente antelación.

(**) A data e estimada a espera da confirmación das datas das ABAU en xaneiro (aprox.).