Biblioteca
Concurso de contos da Vila de Pontedeume
Enviado por anonimo o Mar, 09/03/2021 - 14:10Avísase ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de que o concello de Pontedeume convocou o XXXI Concurso de Contos Vila de Pontedeume. O primeiro premio en caso de que haxa gañador é de 600 euros. A imaxe que figura a continuación levaravos ás bases desta certame.
8 de marzo: Educando en igualdade
Enviado por anonimo o Mar, 02/03/2021 - 11:04xxv Certame de poesía Francisco Añón
Enviado por anonimo o Ven, 26/02/2021 - 12:47Infórmase ao alumnado que xa están publicadas as bases do XXV Certame de Poesía Francisco Añón que organiza o concello de Outes. Este concurso ofrece tres categorías nas que podedes participar:
- Categoría D (12-14 anos): o primeiro clasificado recibirá un vale de 240 euros e verá publicada a súa obra.
- Categoría E (15 - 17 anos): o primeiro clasificado obterá unha transferencia bancaria por valor de 480 euros e verá publicada a súa obra.
- Categoría F (maiores de 18 anos): o primeiro premio consiste nunha transferencia bancaria por valor de 1500 euros e publicación da obra.
A continuación, deixámosvos as bases deste certame, tanto na web coma no taboleiro de anuncios do centro, e animámosvos a participar.
Resultado de Tui Book Dates
Enviado por anonimo o Mar, 23/02/2021 - 13:30Tras unha exhaustiva análise e investigación, o equipo de Biblioteca foi quen de atopar compatibilidades lectoras entre a maioría do noso alumnado. Asimesmo, o equipo de Biblioteca quere animar a aquelas almas solitarias que quedaron sen parella: tedes que lembrar que ao mellor a vosa media laranxa lectora non estuda neste centro e que ademais hai moita timidez e introspección entre o alumnado deste instituto.
Se queredes coñecer o froito desta investigación e saber con quen sodes ou non compatibles, non vos perdades a seguinte presentación:
24 de febreiro: Día de Rosalía
Enviado por anonimo o Mar, 09/02/2021 - 11:16O equipo de Biblioteca anímavos a festexar o Día de Rosalía de Castro. Prestade atención a esta marabilla de video, feito pola nosa compañeira Sonia, e ás actividades propostas para conmemorar á nosa poetisa máis famosa:
Rebrote de Crepusculose
Enviado por anonimo o Ven, 05/02/2021 - 13:26O punto de información sobre a extraña enfermidade denominada Crepusculose xa está rematado. Achegádevos a el para coñecer todo sobre a última cepa (Sol de medianoche) e tomade moitas precaucións para non contaxiarvos con esta plaga.
Tui Book Dates
Enviado por anonimo o Mar, 02/02/2021 - 19:50O equipo de Biblioteca invítache a coñecer a túa media laranxa... lectora. Cubre o seguinte formulario on line (aquí ou no blog da Biblioteca) ou o que atoparás en papel na Biblioteca. Máis adiante avisarémosvos para que vaiades á Biblioteca a sorprendervos ao descubrir a identidade da vosa parella lectora ideal e compartir con ela unha lectura. Tedes ata o venres 12 de febreiro para participar.
III Concurso Literario Inda Namora
Enviado por anonimo o Mar, 02/02/2021 - 19:12Xa están aquí as bases da terceira edición do concurso Inda Namora que se celebra no centro para conmemorar a festividade de San Valentín. Animádevos a participar:
San Valentín 2021: Rebrote de Crepusculose
Enviado por anonimo o Mar, 02/02/2021 - 11:06O equipo de Biblioteca alerta a toda a comunidade escolar do rebrote dunha enfermidade que se creía erradicada hai anos. Lede con atención a noticia e estade pendentes da páxina web e do blog da biblioteca Aloia:
O punto de información sobre a Crepusculose xa está case preparado. Pasade os vindeiros días pola zona de conserxería para saber todo acerca desta enfermidade: sintomatoloxía, causas... Recoméndase tomar as precaucións que se estimen oportunas para evitar posibles contaxios.