A xornada do xoves transcorreu dentro da normalidade, tivemos que visitar a enfermería, pero nada grave.
Erguémonos cedo, almorzamos e subímos ás pistas. O sol foi xeneroso con nós, ao igual que toda a semana.
O alumnado asistiu ao curso de esquí e hai quen xa domina a técnica marabillosamente. Houbo tamén quen pretendía quedar na cafetería toda a mañá, mais finalmente foi e regresou encantad@.
Despois de xantar, coma todos os días, houbo tempo para esquí libre polo Tarter.
Parece que, por fin, ao 100% lles gusta este deporte de inverno.
De volta á cidade pola tarde, e despois dunha boa ducha, paseamos polo centro urbano e realizamos ás últimas compras.
Despois de cear, organizamos as quendas das duchas do venres antes de sair cara Xove e voltamos ao centro para ver a cidade nocturna.
Agora xa só queda preparar as maletas e repoñer forzas para afrontar o último día en Grandvalira, Soldeu-el Tarter.