Despois dunha longa viaxe de 14 horas, chegamos a Andorra á mediodía, xantamos e fomos recoller o material de esquí.
O luns ás 7 da mañá tocou o espertador, percibíase o cansazo acumulado pero tamén as gañas e a ilusión por pisar a neve e experimentar novas sensacións. Almorzamos e ás 8:00 estabamos indo cara ao autobús para subir á estación de El Tarter en Grandvallira.
Dun xeito espectacular, todo o alumnado respondeu correctisimamente ás instrucións dadas e así poder estar antes das 10:00h nas pistas de esquí. Ás 9:45 tiñamos todo listo e estabamos agardando os monitores para asistir ao curso de 10:00 a 12:00h.
Despois do curso, repuxemos forzas no xantar e seguimos esquiando ata as 16:30h.
A maior parte dos participantes tiveron unha experiencia moi positiva e xa comezaban a preguntar: Mañá poderemos ir a unha pista verde?
A ilusión por seguir esquiando fixo esquecer a dureza das botas de esquí e o cansazo acumulado.
Mañá será outro día intenso... e seguiremos informando.
Deixámosvos algunhas fotos para que os vexades.