O IES Illa de Sarón convoca o concurso de Mensaxes comerciais "SarónSpot"
BASES DO CONCURSO
- Participantes: pode participar toda a comunidade educativa do IES Illa de Sarón do curso 2019/2020. A participación pode ser individual ou grupal.
- Categorías: única.
- Presentación: será obxecto deste concurso vídeos editados polo autor ou autores.
- A temática dos vídeos será unha publicidade positiva do noso centro, dando visibilidade ós ciclos formativos que se imparte.
- Requisitos a cumprir: Cada vídeo presentarase en arquivo dixital (MPEG, MOV, MP4) non superior a 700MB para o visionado do xurado. Nas obras presentadas NON figurarán os créditos. Se é seleccionado, o autor/es comprometese a presentar unha copia dixital HD para a súa proxección pública e nesta figurarán os créditos.
- Non excederá de 4 minutos.
- Non se admiten traballos entregados despois do 2 de marzo de 2020.
- Engregarase a obra nun dispositivo de memoria cun alcume como nome do arquivo. Acompañarase cun sobre pechado no que por fora figure este mesmo alcume e conteña dentro un documento no que figure o alcume do autor/es do traballo co nome e apelidos dos autores. Todo isto meterase nun sobre máis grande sen identificacións e entregarase en conserxería.
- O gañador cede o uso de vídeo para a promoción do IES Illa de Sarón.
- Premiso: Diplomas acreditativos para os tres mellores e un vale de 50€ para a compra de material escolar ou material tecnolóxico para o gañador.
- A entrega do premio e os diplomas terá lugar o 10 de marzo.