Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Bioloxía e Xeoloxía

Charla dun biólogo do Instituto Oceanográfico de A Coruña

O técnico e Biólogo do Instituto Oceanográfico de A Coruña, Urbano Autó, impartiu unha charla aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo profesor Manuel Varela do Departamento de Bioloxía e xeoloxía. Os alumnos asistirán á actividade Intermareal nas Xubias.

 

Actividade "O Universo" de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO

Traballo cooperativo de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO-A. Realizado por Antonio Pérez López, Elsa Tomé Veira e Alejandro Roca Soto. Coordina a profesora Nuria Berdiales.

Visita á Casa dos Peixes

O alumnado de terceiro da ESO visitou a Casa dos Peixes en varias quendas, tendo a oportunidade de ver o momento da alimentación aos tiburóns e as focas. A visita, organizada polo departamento de Bioloxía, foi conducida polo profesores Daniel Rico Fachal e David Vieito Blanco, acompañados de profesores do centro.

Visita de alumnos de ciencias de 4º de ESO ao CICA

Os alumnos de ciencias de 4º de ESO visitaron e fixeron prácticas no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña.

Vídeo:

Fotos feitas polo CICA

Participación nunha actividade de sensibilización ambiental

O pasado xoves día 5 de Outubro os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da E.S.O. do grupo A realizaron unha actividade de sensibilización ambiental na praia de Riazor xunto cos profesores Marta Vázquez e David Vieito

A actividade a organizaba a Asociación Mar de Fábula e consistía en buscar e recoller anacos e obxetos de plástico que trouxera o mar para logo realizar figuras e pezas artísticas con eles. Para elo contaron coa axuda dos artistas noruegos Prestgaard e Andersen. Nas súas redes sociais pódense ver varias pezas dos nosos alumnos:
 
 
 
 

Os alumnos de 1º Bacharelato fan un herbario como proxecto

Coa finalidade de coñecer e seren capaces de identificar as especies de plantas, tanto autóctonas como alóctonas, máis características que se poden atopar en Galicia, os alumnos e alumnas de 1ºC e 1º D de Bacharelato fixeron, como proxecto fin de curso na materia Bioloxía e Xeoloxía impartida pola profesora Alba Monteagudo, os seguintes herbarios.

 

Noraboa pola calidade dos vosos traballos!

(Texto e fotos: Alba Monteagudo)

Os alumnos de cuarto da ESO fan maquetas para Bioloxía

Co obxectivo de afondar no coñecemento da célula e os seus compoñentes, os alumnos e alumnas de 4º A e 4º B da ESO fixeron como proxecto da materia Bioloxía e Xeoloxía, que imparte a profesora Alba Monteagudo, as seguintes maquetas, con materiais elixidos por eles mesmos.

 

Parabéns polos resultados!

 


(Texto e fotos: Alba Monteagudo)

Prácticas de Bioloxía dos alumnos de primeiro de Bacharelato

Práctica de Observación da célula animal e vexetal, realizada o día 20 de decembro no laboratorio de Bioloxía do centro cos alumnos de 1º de Bacharelato A, coa profesora Alexia García, axudada por Alba Monteagudo e Catalina Romero.

Foto do grupo de 1º de Bacharelato A realizando a práctica.

Foto realizada por Lucía Yañez co seu móbil, da visión ó microscopio da preparación feita por eles das células da epiderme de cebola.

(Texto: Catalina Romero)

 

Charla divulgativa sobre neonatoloxía

O pasado día 26 de Outubro, a neonatóloga Dolores Eiriz Barbeito, supervisora da Unidade de Neonatoloxía do CHUAC, deu unha charla de divulgación aos alumnos de 1º ESO para que comprenderan o que significa ser prematuro. 


A charla resultou moi amena e cercana, e os alumnos tiveron despois tempo para preguntar dúbidas.


Agora lles toca aos alumnos facer un debuxo no que reflicten o que é para eles un neonato prematuro ou ben o que aprenderon coa charla.


De todos os debuxos dous serán seleccionados, e os alumnos gañadores irán o vindeiro 17 de novembro (día da prematuridade) ao Hospital Materno Infantil onde coñecerán de primeira man a Unidade de Neonatoloxía e recibirán un premio.


Teño que sinalar que a neonatóloga foise encantada do instituto pola boa resposta e comportamento dos nosos alumnos.


A todos eles , moitas grazas por participar e dicir que estamos á espera de coñecer os nomes dos gañadores.

Mª Teresa Fraga, vicedirectora

 

 

Un grupo de alumnos lideran a iniciativa de concienciación ambiental "Móllate"

Acompañados pola súa profesora Cristina Viqueira Gómez, un grupo de alumnos de 4º da ESO defenderon diante da concelleira de Medio Ambiente María García a súa proposta dentro da iniciativa de concienciación "Móllate" para a vindeira festa de San Xoán.

(Fai clic para ver esta e outras imaxes do acto) 

E moita máis info no blog Cazatesouros.


 

Práctica de disección do corazón dos alumnos de 1º Bacharelato de Anatomía Aplicada

Nas dúas semanas anteriores á Semana Santa os alumnos de 1º de Bacharelato de Anatomía Aplicada realizaron no laboratorio de Bioloxía do centro unha práctica de disección do corazón dun porco ou vaca. O alumnado puido apreciar neste órgano a disposición das distintas veas e arterias, as cavidades coronarias, as válvulas que regulan o fluxo sanguíneo, o diferente grosor da parede das cavidades en relación coa forza que necesitan para impulsar o sangue, etc realizando a disección por sí mesmos

 (Texto e fotos da prof. Catalina Romero)

Visita dos alumnos de 3º ESO á Domus

Os días 14 e 28 de xaneiro os alumnos de 3º da ESO visitaron a Domus para realizar no seu laboratorio unha práctica de disección do corazón dun porco. O alumnado puido apreciar neste órgano a disposición das distintas veas e arterias, as cavidades coronarias e as válvulas que regulan o fluxo sanguíneo. Completouse a saída facendo unha visita ás instalacións da Domus, onde os rapaces puideron, de modo interactivo, avanzar no coñecemento da anatomía e fisioloxía do corpo humano, contidos que se están a traballar neste curso.

 


(Fai clic na foto para ver máis)

(Texto de Catalina Romero, fotos de M. Jesús Quintáns, M. Jesús Gómez  e Catalina Romero)


 

Conferencia de Ángel Carracedo no Eusebio

O pasado mércores 20 de xaneiro, o doutor Ángel Carracedo impartiu unha conferencia maxistral no noso centenario instituto.

Podes atopar a crónica e fotos do senlleiro acto, ao que asistiu o Excmo. Alcalde da Coruña, neste enlace de Cazatesouros, o blog do club de lectura.

 

Máis: "Para que surdan moitas máis figuras como a do doutor Ángel Carracedo é necesario mimar a educación pública"

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut