Práctica de disección do corazón dos alumnos de 1º Bacharelato de Anatomía Aplicada
Nas dúas semanas anteriores á Semana Santa os alumnos de 1º de Bacharelato de Anatomía Aplicada realizaron no laboratorio de Bioloxía do centro unha práctica de disección do corazón dun porco ou vaca. O alumnado puido apreciar neste órgano a disposición das distintas veas e arterias, as cavidades coronarias, as válvulas que regulan o fluxo sanguíneo, o diferente grosor da parede das cavidades en relación coa forza que necesitan para impulsar o sangue, etc realizando a disección por sí mesmos.
(Texto e fotos da prof. Catalina Romero)