A semana pasada o IES foi un dos catorce centros da área da Coruña participantes na Olimpiada Matemática organizada por AGAPEMA. Destinada aos estudantes de 2º ESO, a Olimpiada Matemática é unha convocatoria anual para os máis apaixoados entusiastas de números e formas xeométricas. Aqueles que aceptan o desafío poñen a proba o seu inxenio fronte a problemas matemáticos de formidable dificultade, co énfase posto na valoración da orixinalidade e creatividade nas respostas, mesmo por riba da súa exactitude.
Na foto, os nosos oito fabulosos participantes na edición deste ano. Grazas por representarnos e sorte coa fase de zona!