CONCURSO NACIONAL YOUNG BUSINESS TALENTS
O IES Elviña foi o único instituto que conseguiu meter a tres equipos na final do simulador empresarial Young Business Talents, consistente na xestión dunha empresa ao longo de varios períodos. Este concurso contou coa participación de máis de 3000 equipos de toda España, aínda que só 100 deles son seleccionados para a final despois dunha dura competición.
Os tres equipos do noso centro quedaron entre os 5 primeiros da provincia da Coruña, postos que dan acceso á final, que se celebrará o vindeiro 7 de maio. Lamentablemente, as bases do concurso só permiten 2 equipos por centro como máximo, así que un deles quedará fóra da competición, deixando o seu posto ao 6º clasificado.
Dadas as restricións da situación actual, é posible que a final non se celebre en Madrid como é habitual, senón de modo virtual.
Cómpre felicitar ao alumnado que acadou a final. Parabéns, polo tanto, a Roi, Manuel e Xavier de 4º ESO; a Aroa, Mabelin, Sabela e Paula, primeiro equipo de 1º BACH; e a Diego, Alejandro, Brais e Santiago, segundo equipo de 1º BACH; e ao seu profesor Iñaki Tomás por sementar o talento económico con tan marcado entusiasmo e acerto. Moita sorte aos elixidos!