Fin do primeiro trimestre
Achéganse os días finais do primeiro trimestre e as luces do Nadal acéndense no noso instituto. Ao mesmo tempo que se adorna o rostro da fachada cunha nova e flamante porta de cristal, engalánanse tamén os andares e os espazos públicos do centro para festexar o fin de tremestre e a chegada do tempo das Saturnalia-Janucá-Nadal. Acumúlanse as actividades e celebracións no IES Elviña nestas datas: patinaxe sobre xeo, visita á casa-museo de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa, exposición de tarxetas postais, preparación de "cookies" non informáticas, exposición de murais sobre os dereitos humanos, actividades da Biblioteca... En fin, que neste frenesí de fin de trimestre, entre exame e exame, avaliación e avaliación, aínda hai tempo para as celebracións.
A nosa "Árbore de biblionadal"
Empecemos pola Biblioteca. A intrépida bibliotecaria Alba Lorenzo, adicou un tempiño co alumnado de 3º de ESO para acondicionar a seriosa biblio de acordo coas datas que corren. Como, polo visto, Santa Claus tamén pasará pola nosa biblioteca, deixouse unha árbore de libros para que se entreteña este orondo visitante nórdico. En fin, que, desde a biblioteca do IES Elviña, se desexan felices festas e que o vindeiro 2019 veña con moitas lecturas para todos e todas!
O instituto vestido de invernía
Pois o dito, que como chega o solsticio de inverno toca encher todo de espumillóns verdes, árbores con boliñas de cores e todo iso. Aí van as fotos.
Christmas & Cookies
Outros que se sumaron ás celebracións son os rapaces e as rapazas e o profesor e a profesora (hai que ser inclusivos e inclusivas) do grupo de Actividades plurilingües do luns á tarde. Así que, co aquel da viciñanza do Nadal, o grupo fixo unha actividade consistente en cociñar unha receita tradicional inglesa, os Gingerbread cookies. Metidos novamente a cociñeiros despois do Thanksgiving, adeliñaron os ingredientes da masa e déronlles forma, coa calor da lareira (i.e. forno) déronlles tamén vida (They are alive!), e despois as degustaron (ou sexa, que as comeron, pero finamente) mentres cantaban a Christmas Carol (galego común: panxoliña) The twelve days of Christmas. Máis fotos para o delight da vista.
Árbore e postais de Nadal
E, para rematar, a nosa árbore, montada este ano polo alumnado de PMAR coa inestimable dirección de Gemma López. Grazas a todos polo traballo.
Felices festas desde o IES Elviña!