Unha vez realizado o sorteo público con representantes dos grupos de alumnado, a letra que determina a orde de acceso á viaxe a Andorra é o "V" (empezando polos rapaces que teñan o V no seu primeiro apelido, incluídos). Por tanto, actualmente quedan 7 persoas en lista de espera, tamen por orde alfabética: o último alumno con praza é SÁNCHEZ M. XXX.
A viaxe ten un custo de 649 euros coa entrada de Caldea incluída (centro termal). O pago da viaxe farase en 3 prazos. O primeiro deles comezará dende hoxe día 24 de outubro (día do sorteo) ata o xoves da vindeira semana 31 de outubro como data límite. Haberá que ingresar 150 euros como reserva de praza no número de conta que se remitiu na mensaxe abalar. Os pagos o estar externalizados faranse nunha conta allea ó centro, a da axencia de viaxes. Se algún alumno renuncia a súa praza ou a perde por infraccións das normas de convivencia, ten que ter en conta que este pago non se devolve, polo que as persoas que o desexen poden contratar un seguro de devolución pola súa conta.
SKI EVASIÓN:
ENTIDADE: CAIXABANK
Nº CONTA: Na mensaxe abalar.
O LUNS 28 HABERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA COAS FAMILIAS, ÁS 18:00 NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO PARA DARLLES MÁIS INFORMACIÓN E SOLVENTAR AS POSIBLES DÚBIDAS QUE POIDAN XURDIR.