Skip to Content

Deportivas

SAÍDA Á NEVE

Unha vez realizado o sorteo público con representantes dos grupos de alumnado, a letra que determina a orde de acceso á viaxe a Andorra é o "V" (empezando polos rapaces que teñan o V no seu primeiro apelido, incluídos). Por tanto, actualmente quedan 7 persoas en lista de espera, tamen por orde alfabética: o último alumno con praza é SÁNCHEZ M. XXX.

A viaxe ten un custo de 649 euros coa entrada de Caldea incluída (centro termal). O pago da viaxe farase en 3 prazos. O primeiro deles comezará dende hoxe día 24 de outubro (día do sorteo) ata o xoves da vindeira semana 31 de outubro como data límite. Haberá que ingresar 150 euros como reserva de praza no número de conta que se remitiu na mensaxe abalar. Os pagos o estar externalizados faranse nunha conta allea ó centro, a da axencia de viaxes. Se algún alumno renuncia a súa praza ou a perde por infraccións das normas de convivencia, ten que ter en conta que este pago non se devolve, polo que as persoas que o desexen poden contratar un seguro de devolución pola súa conta.

SKI EVASIÓN:

ENTIDADE: CAIXABANK

Nº CONTA: Na mensaxe abalar.

O LUNS 28 HABERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA COAS FAMILIAS, ÁS 18:00  NO SALÓN DE ACTOS  DO CENTRO PARA DARLLES MÁIS INFORMACIÓN E SOLVENTAR AS POSIBLES DÚBIDAS QUE POIDAN XURDIR.

Bailar a muiñeira para o día do deporte

Os nosos compañeiros do Departamento de lingua galega e literatura están empeñados en que todo o instituto baile a muiñeiro no día do deporte (25 de maio). Non sei, non sei... pero, por si acaso, aí van os pasos explicadiños:

Muiñeira

AI, QUE CAEMOS!

Na pista de xeo de Culleredo

     Como parte das actividades de remate do pasado trimestre (deixémolo ir!), don Francisco Pérez, profesor do Departamento de educación física do IES Plurilingüe Elviña ousou levar ao alumnado de 2º de ESO, tamén cargado de ousadía, á pista de xeo de Culleredo, porque xa son tempos de deportes de inverno. Pasaron alí unha hora de diversión analisando na práctica a física do deslizamento. Nas fotos véselles felices. Que ben!

020304
070601

Patinando sobre o xeo de Marineda City

     Os rapaces de 1º e 2º de ESO do IES Elviña estiveron o pasado día 1 de Decembro na pista de xeo de Marineda City nunha actividade sufragada ao abeiro do Programa Ao meu xeito! do Concello da Coruña. Coa axuda do profesor de Educación Física Francisco Pérez e dun monitor o alumnado adentrouse no mundo dos deslizamentos, as piruetas e as cuadas. Afortunadamente non houbo que lamentar ningunha víctima (malia unha pobre sela, que non tiña culpa de nada e que sufriu un delicado percance...).

Pista de xeo-01Pista de xeo-02Pista de xeo-03Pista de xeo-04
Distribuir contido


by Dr. Radut