O DÍA DE ACCIÓN DE GRACIAS DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA
O terceiro xoves de novembro celébrase en Estados Unidos Thanksgiving. Con motivo desta festividade o grupo de Actividades Plurilingües púxose mans a masa coordinado pola "master chef" Janna Karatas, que, ademais das conferencias e das aulas de idiomas, tamén lle pon o seu touch na repostería. O pinche Fran Amado contribuiu coa súa sabia presenza a que a masa estivese no seu punto xusto. Todos xuntos e ben avenidos cociñaron dúas receitas tradicionais desta data: Sweet Potato Slices e Cornbread. Foi unha oportunidade para que o alumnado aprendera unha chea de novo vocabulario ao tempo que participaba dunha das máis antergas e venerables tradicións americanas.
E claro, de paso tamén encheron o bandullo. Faltaría máis!