Skip to Content

Extraescolares

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Confinados ou non, hoxe domingo é o Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión a Ricardo Carvalho Calero. O Departamento de Lingua Galega, atento á circunstancia, concitou a colaboración de alumnado e profesorado do centro para preparar un mural de Bookfaces. Velaí os tedes, para alegría de todos (e todas).

040203



A presentación -por suposto- tamén co seu vídeo:

XORNADA ABERTA DE ORIENTACIÓN

Foto de grupo

SEMANA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
IES PLURILINGÜE ELVIÑA

     Disque "decidir" é unha desas "terribles palabras" e non faltou pensador que a quixera desterrar da filosofía. Sexa o que sexa, os estudantes viven no instituto unha desas moitas temibles encrucilladas da existencia nas que entra a dúbida de por onde tirar. E aínda que todos os camiños levan a algures e cada quen fai do seu a obra da súa propia vida (coma aconsellaban Robert Frost e o noso Machado), non está de máis axudar un pouco aos rapaces para tomar a decisión co maior fundamento. 

     Pois ben, aquí estivemos o martes entre as 17:00 e as 19:00 horas os do IES Plurilingüe Elviña. Tal e como xa anunciábamos nesta mesma web, o IES celebrou unha "xornada aberta" dentro da súa Semana de Orientación Académica e Profesional. A xornada, dentro do seu plan informativo integral destinado ao alumnado que remata ciclo educativo (ESO e Bacharelato), concebiuse como un espazo de interacción entre docentes, familias, alumnado e institucións académicas de diverso tipo (universitarias, CIFPs, ou escolas profesionais). A intención fundamental plenamente conseguida: traer a orientación ao espazo de traballo do estudante.

708
A informadora da UDCA orientadora do IES

     A experiencia ensina que a participación en eventos de orientación externos ao centro no que os rapaces estudan non é tan elevada como se desexa; ás veces pola falta de interese, pero en moitas máis por mero descoñecemento por parte do alumnado das datas ou mesmo dos lugares de celebración dos eventos informativos. Por esta causa, o Departamento de Orientación do IES Elviña, comandado pola orientadora Ana Rivera quixo organizar esta xornada aberta nun espazo recoñecible e cercano para os rapaces.

11131412

      Con ese obxectivo, todo o instituto fixo o seu mellor esforzo para que todo fose sobre rodas. O ximnasio converteuse en improvisado "pazo de congresos", onde todos os presentes se sentisen cómodos: uns para expor e compartir a súa información e outros para circular libremente entre os mostradores. Por un elemental acto de xustiza é de rigor citar ás institucións presentes: estiveron no IES Elviña a Universidade de Vigo, a Universidade da Coruña, o CESUGA, a Escuela Superior Marcelo Macías, a Escola de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC), a Escola de pilotaxe (AFN), a Escola de Air Hostess, as familias profesionais do CIFP Someso, a Guardia civil, a Policía Local, a Policía Nacional, os Bombeiros da Coruña e as Forzas armadas.

1
Alba e Ana en Intercoruña Radio
ENLACE CO PODCAST DA ENTREVISTA

     O balance da experiencia foi sensacional: pagou a satisfacción o prezo do esforzo e do traballo. Por iso, en representación da comunidade educativa do IES Elviña desexamos agradecer moi sinceiramente a todos os asistentes a súa presenza: en primeiro lugar, ás familias e ao alumnado que, con curiosidade e interese, aproveitaron para resolver as súas dúbidas ou mesmo para enterarse de saídas profesionais por eles descoñecidas; o noso agradecemento tamén aos medios de comunicación que quixeron facer acto de presenza e levantar acta xornalística do evento; grazas aos colegas de profesión doutros centros, que abriron oco nas súas apretadas axendas para darnos o seu cariño e apoio; e moi especialmente, a todos os representantes das institucións invitadas que, con exquisita amabilidade, adicaron o seu tempo para estar connosco e compartir a tarde co noso alumnado. 

O IES ELVIÑA
NA PRENSA
CORUÑESA

Entrevista La Opinión

9

Entrevista a Alba no xornal La Opinión

Recorte de prensa LVdeG

Sherlock fai das súas

Os alumnos e as alumnas de 6º de primaria do centro adscrito CEIP Plurilingüe Manuel Murguía puxeron en práctica os seus dotes detectivescos localizando impresións dixitais. No laboratorio de Ciencias Naturais trataron con po de carbón, e unha minuciosidade propia de Sherlock Holmes, o material de vidro para buscar as impresións dixitais escondidas. Pero non acabaron aí as súas ansias detectivescas, no laboratorio de Química traballaron como auténticos CSI usando iodo para o revelado das pegadas e seguindo todo o procedemento dun laboratorio de criminalística (bata de laboratorio, lentes e campá extractora incluída).

Toda a rapazada gozou desta busca de pegadas, e os que non somos tan rapaces tamén, e esperamos con ansia compartir máis actividades no espazo maker.

 

     

QUE VIVA A MEDIACIÓN!

Os "canteiráns" da mediación no IES Elviña

Din os sabios que "falando se entende a xente". Lamentablemente, como case todas as máximas sabias, poucas veces se aplica. Non así no noso centro, afortunadamente. E temos a demostración no marabilloso compromiso do alumnado voluntario do servizo de mediación, que sacrificou parte do seu tempo de lecer todos os mércores pola tarde para vir ao instituto na compaña do intrépido Alberto Alonso (xestor da mediación no noso centro) coa finalidade de traballar e mellorar a capacidade de encauzar os conflitos pola desexable vía da conciliación. Aí os tedes na foto posando para a ocasión. Noraboa a todas e todos eles...

Sodes exemplo e orgullo para todo o IES Elviña!

 mediación

O GRUPO DE BIBLIOTECA NO URBAN PLANET

AXUDAR TEN PREMIO

08     Agora que, por desgracia, remata o curso 2018-19, a nosa bibliotecaria Alba Lorenzo decidiu premiar os desvelos do grupo de voluntarios e voluntarias da Biblioteca que estivo axudando nos labores de organización e vixilancia do santuario da lectura do centro en todos os recreos do ano escolar. Así que, coma mamá cabra (védea choutando nas fotos que acompañan a reseña...), levou aos seus cabritiños ao Urban Planet de Oleiros para desfogar a gusto lonxe do recuncho escolar.
     A rapazada, adoecida coa tristura e a melancolía do fin do ano académico, apenas desfrutou da saída, segundo pode comprobarse polas bágoas de desesperación e os xestos de arrepío que reflicten as fotografías do evento. Case dubidei se colgalas desta vez, mais, en fin, os feitos son os feitos... Aí os tedes, chorando coma Madalenas polo fin do curso. Tranquilos todos! O próximo ano haberá MÁIS...

010203
050607
Distribuir contido


by Dr. Radut