O IES ELVIÑA DE NOVO PARTICIPANTE NO DÍA DA CIENCIA
Desde hai anos, o noso centro ten por tradición da primeira semana de maio, a participación no Día da ciencia na rúa, que vai xa pola súa XXV edición. O ano pasado, o confinamento impediu o desenvolvemento desta actividade, que o Dpto. de matemáticas tiña xa preparada. Por fin, este ano recupérase a tradición de festexar a ciencia na nosa cidade, pero, co aquel de tornar á normalidade pouco a pouco, o fasto houbo de pasar da rúa ao teatro, como lé o lema do cartel anunciador. Pois ben, benvido sexa, pois, o Día da Ciencia no teatro!
E ao teatro fomos: unha exquisita selección de alumnado de ESO e Bachaerlato do noso centro e máis dúas profesoras do Dpto. de matemáticas (as dúas Marías, a saber, Sancosmed e Chan, que ergueron o pavillón científico de Elviña con alta dignidade no amplo escenario do Colón). Alí expuxeron os rapaces e rapazas os seus matemáticos traballos, dos cais quedará memoria por mór do glorioso invento de Niepce (exemplos consultables enriba e no Instagram do centro) e do vídeo dixital colgado en Vimeo pola organización do evento.
Que lles aproveite aos interesados (e interesadas)!
E noraboa aos sabios participantes!