Skip to Content

PROGRAMA "A CORUÑA NO MUNDO" DO CONCELLO. BOLSAS PARA FACER 1º BACH. EN CANADÁ

BOLSAS NORTEAMÉRICA
PARA
ALUMNADO DE 4º ESO

Bolsas Canadá (Concello da Coruña)

     O Servizo de Educación do Concello da Coruña volve facer convocatoria pública de axudas económicas para o alumnado de 4º de ESO que desexe estudar o primeiro curso do Bacharelato en Canadá no vindeiro ano académico. As bases completas da convocatoria poden ser consultadas e descargadas na páxina de Programas educativos do Concello.

    O prazo de inscrición será de 10 días desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP da Coruña, (en principio, segundo se nos informa a través do Concello, desde o 20 de novembro ata o 3 de decembro).

   As inscripcións deberán facerse on line a través dos enlaces que se activarán no Portal de programas do Concello e o resgardo xunto coa documentación necesaria haberá que entregalo en rexistro oficial (MOD001 na sede electrónica do Concello ou oficinas de rexistro administrativo oficiais na cidade).

   Os requisitos para poder optar á axuda: estar empadroado no concello da Coruña, cursar 4º de ESO, ter acadada unha media en 3º de 6 puntos e de 7 na materia de inglés.

DESCARGAR: Bases "Bolsas nortemérica" (galego)
DESCARGAR: Bases "Bolsas norteamérica" (castelán)

 

SAÍDA Á NEVE

Unha vez realizado o sorteo público con representantes dos grupos de alumnado, a letra que determina a orde de acceso á viaxe a Andorra é o "V" (empezando polos rapaces que teñan o V no seu primeiro apelido, incluídos). Por tanto, actualmente quedan 7 persoas en lista de espera, tamen por orde alfabética: o último alumno con praza é SÁNCHEZ M. XXX.

A viaxe ten un custo de 649 euros coa entrada de Caldea incluída (centro termal). O pago da viaxe farase en 3 prazos. O primeiro deles comezará dende hoxe día 24 de outubro (día do sorteo) ata o xoves da vindeira semana 31 de outubro como data límite. Haberá que ingresar 150 euros como reserva de praza no número de conta que se remitiu na mensaxe abalar. Os pagos o estar externalizados faranse nunha conta allea ó centro, a da axencia de viaxes. Se algún alumno renuncia a súa praza ou a perde por infraccións das normas de convivencia, ten que ter en conta que este pago non se devolve, polo que as persoas que o desexen poden contratar un seguro de devolución pola súa conta.

SKI EVASIÓN:

ENTIDADE: CAIXABANK

Nº CONTA: Na mensaxe abalar.

O LUNS 28 HABERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA COAS FAMILIAS, ÁS 18:00  NO SALÓN DE ACTOS  DO CENTRO PARA DARLLES MÁIS INFORMACIÓN E SOLVENTAR AS POSIBLES DÚBIDAS QUE POIDAN XURDIR.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS DE RENOVACIÓN
DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO


ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS
DO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 18/09/2024], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 5 membros do profesorado
b) 3 membros dos representantes de alumnado
c) 1 membro dos representantes das familias [+ 1 no caso de que a ANPA non faga uso do seu dereito a contar cun representante]
d) 1 membros do persoal de administración e servizos


CALENDARIO ELECTORAL

Unha vez constituída a Xunta Electoral do centro o día 24 de outubro, queda aprobado pola mesma o calendario electoral que será de aplicación ao procedemento.

PROCEDEMENTODATASLUGAR E MODO
Publicación de censos provisionaisDo 24/10 a 05/11Na secretaría do centro
Reclamación a datos erróneos
nos censos provisionais
ata o 05/11Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Presentación de candidaturas
aos distintos sectores
Do 24/10 a 
05/11 (14:00h)
Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Sorteo para os membros das mesas
electorais de familias e alumnado
06/11En reunión da Xunta electoral
Proclamación de candidatos presentados06/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Período de reclamación contra
as candidaturas
Do 06/11 a 11/11
(ata as 11:00)
Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Resolución de reclamacións
contra as candidaturas
14/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Campaña electoralDo 07/11 ao 17/11 
Xornada de votacións (alumnado)20/11 (de 08:50 a 12:00)

No centro
(reconto de 12:00 a 13:00 horas)

Xornada de votacións (familias)19/11 (de 16:00 a
18:00 horas)
No salón de actos do centro
Xornada de votacións (docentes)21/11En Claustro extraordinario
Proclamación de candidatos electos25/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Constitución do novo Consello escolar05/12 

 

 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR (2024)

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS
DO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 18/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 5 membros do profesorado
b) 3 membro dos representantes de alumnado
c) 1 membro dos representantes das familias [+ 1 no caso de que a ANPA non faga uso do seu dereito a contar cun representante]
d) 1 membros do persoal de administración e servizos


NOMEAMENTO DA
XUNTA ELECTORAL

Seguindo as indicacións da normativa, o primeiro paso para a realización das eleccións é a elección dos membros da Xunta electoral de centro, que velará polo cumprimento da legalidade destes comicios. A Xunta electoral estará composta polos seguintes membros [Decreto 92/1988]:

a. o director ou directora do centro de ensino, como presidente da mesma
b. 1 profesor elixido por sorteo público
c. 1 pai ou nai elixido/a por sorteo público
d. 1 alumno/a elixido/a por sorteo público
e. 1 membro do persoal de administración e servizos elixido por sorteo público


CALENDARIO E MÉTODO PARA A CONSTITUCIÓN
DA XUNTA ELECTORAL

     A elección dos membros da Xunta electoral (agás a súa presidencia) realizarase do seguinte xeito:

1. farase sorteo o xoves día 17 de outubro de 2024 no despacho de dirección do IES Plurilingüe Elviña ás 11:10 horas

2. no sorteo asistirán: o director e o secretario do instituto (presidente e secretario do proceso respectivamente), 1 membro do profesorado elixido ao azar, 1 membro do alumnado elixido ao azar, 1 representante de pais do Consello escolar actualmente constituído

3. Os membros da Xunta electoral elixidos no sorteo recibirán notificación oficial da elección a través do espazo Abalar e serán citados para a primeira reunión nos días seguintes ao sorteo. 

5. método do sorteo:

a. elixiranse tres representantes por cada membro necesario, o primeiro en calidade de titular e o segundo e terceiro en calidade de suplentes primeiro e segundo
b. o secretario do centro acudirá coas listaxes XADE de pais/nais, alumnado, PAS e profesorado do centro nas que cada membro da comunidade figurará cun número de referencia
c. utilizando unha aplicación electrónica de números aleatorios se escollerá, por esta orde, un/unha titular e un/unha suplente do grupo PAS, un/unha titular e dous/dúas suplentes do grupo ALUMNADO, un/unha titular e un/unha suplente do colectivo DOCENTES e un/unha titular e dous/dúas suplentes do colectivo FAMILIAS. En caso de existir erro na elección por algunha cuestión non prevista, repetirase a elección do colectivo no que se detectou erro.


CONSTITUCIÓN DA
XUNTA ELECTORAL

Os membros así nomeados para a Xunta Electoral serán citados para determinar o calendario e inicio do proceso electoral nunha reunión que terá lugar no centro o 24 de outubro de 2024.

 

 

RECEPCIÓN DOS PAIS COS TITORES

XORNADA DE FAMILIAS E TITORES

IES PLURILINGÜE ELVIÑA

 

 020202

     Unha vez rematadas as avaliacións iniciais do curso 2024-2025, o IES Plurilingüe Elviña realizará a habitual xornada de recepción das familias polos docentes titores. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 10 de outubro a partir das 18:00 horas. Para axilizar o procedemento, as familias accederán ao centro en dúas quendas, segundo o nivel no que estean matriculados os/as seus/súas fillos/as.

a. A partir das 18:00 horas: as familias de 2º, 3º, 4º ESO e Bacharelato accederán directamente ás aulas en compaña dos docentes titores

b. A partir das 18:30 horas: as familias de 1º ESO accederán ao Salón de actos para unha pequena recepción previa por parte do equipo directivo e do Dpto. de orientación. Despois pasarán cos titores.

     Teñan en conta que o espazo nas aulas e no Salón é limitado, pregamos que non veñan acompañados para que poida acceder o meirande número de familias interesadas en asistir á presentación.

Contamos coa súa presenza!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut