Skip to Content

CURSO 24-25. INICIO DE CURSO (2)

LISTAXES DE ALUMNADO CON DEREITO A TRANSPORTE

A partir das 09:00 horas de hoxe mércores día 4 de setembro poderán consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría as listaxes de alumnado que ten asignada parada e autobús no servizo de transporte para o curso 2024-25. Os posibles erros ou omisións, deberán ser comunicados na mesma secretaría do centro antes do luns seguinte para a súa subsanación antes do primeiro día de curso. Lembren que o alumnado que non figure na listaxe non pode facer uso do servizo de transporte ata que se rexistre axeitadamente.

Nas datas vindeiras publicaremos a relación de liñas, paradas e horarios aproximados para os primeiros días.

 

CURSO 24-25. INICIO DE CURSO (1)

CURSO 2024-25

Comezo das clases no IES Plurilingüe Elviña

     Como xa saberán, o inicio do curso, dacordo co calendario escolar oficial (Orde do 12 de abril de 2024), será o vindeiro mércores 11 de setembro. Ese día haberá clase normal con entrada ás 08:40 e saída ás 14:10.

   Ata o día 10 de setembro iremos publicando nesta páxina web as informacións precisas para a organización do primeiro día de clase: paradas do transporte, horario e liñas dos autobuses, información sobre aulas e grupos, organización da entrada e da saída do alumnado, etc.

      Todas estas informacións serán comunicadas unicamente a través desta páxina e a través das comunicacións que o centro envíe por medio do servizo Abalar, segundo vaian definíndose e confirmándose. 

    Pregamos estean atentos ás publicacións se desexan estar informados.

Moitas grazas e feliz curso 2024-25!

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO
FONDOLIBROS 2024-25

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 26 de xullo publicáronse as listaxes de asignacións definitivas do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2024-25. As listaxes poderán ser consultadas na aplicación de Fondolibros se os solicitantes dispoñen de certificación dixital ou chave 365. As listaxes poderán ser consultadas tamén no taboleiro da secretaría do IES Elviña a partir do día 29 en horario de atención ao público (de 10:00 a 13:00 horas).

Vales de material

    Os vales de material poderán recollerse na secretaría do centro a partir do venres día 1 de setembro.

 

 

AVISO: PECHE DA SECRETARÍA

AVISO

A secretaría do IES Elviña estará pechada o venres día 26 de xullo e o mércores día 31.

Asimesmo, o mes de agosto a secretaría estará pechada por vacacións de todo o persoal administrativo.

As solicitudes de certificacións poderán facerse todo o mes a través da sección de CERTIFICACIÓNS desta mesma páxina. As solicitudes realizadas en agosto serán atendidas a partir do 1 de setembro.

Lembren que as certificacións de matrícula do alumnado poden descargalas directamente a través da aplicación ABALAR.

PUBLICACIÓN DE ASIGNACIÓNS DE FP BÁSICA

 

ADMISIÓN DE FPBÁSICA

Resolución definitiva do proceso de proposta de alumnado

    Hoxe foron publicadas as listaxes definitivas de alumnado asignado na FP de grao básico no portal de FP da Consellería de educación

As listaxes de asignacións SÓ PODEN SER CONSULTADAS A TRAVÉS DO APLICATIVO DE FP DA XUNTA UTILIZANDO O DOI (DNI/NIE) E O CÓDIGO DA SOLICITUDE QUE SE ENTREGOU COA DOCUMENTACIÓN DE PREMATRÍCULA.

Enlace coa aplicación de FP para a consulta das listas
(facer clic no enlace "Acceso ao asistente informático")
 

O alumnado con praza asignada deberá acudir ao centro de FP no que se lle destina para formalizar a matrícula no prazo máis breve posible*. Aqueles que aínda non recolleron a súa documentación de FP na secretaría do IES Elviña debe pasar a facelo á maior brevidade en horario estival de secretaría (10:00 a 13:00 horas).

Distribuir contido


by Dr. Radut