Skip to Content

ACTIVIDADES PLURILINGÜES (CURSO 2024-2025)

ACTIVDADES EN LINGUA INGLESA: TARDES DOS LUNS

Bandeira británicaBandeira USA

Como todos os cursos, o IES Plurilingüe Elviña organiza actividades extraescolares para a práctica e aprofondamento na lingua inglesa impartidas por unha docente do Dpto. de inglés e por un auxiliar de conversa nativo. Estas actividades teñen como principal obxectivo a práctica e a mellora da aprendizaxe oral desta lingua, fundamental como vehículo de comunicación en varias materias do noso centro. O alumnado participante terá a oportunidade de practicar a súa destreza oral en inglés ao tempo que progresa e traballa nas distintas actividades propostas.

     Estas actividades realizaranse fóra do horario lectivo, todos os luns laborais desde as 16:10 horas ata as 17:00 horas (1º e 2º ESO) e desde as 17:00 horas ata as 17:50 (3º e 4º ESO). Son gratuítas e abertas a todo o alumnado que desexe participar e sexa autorizado polos seus responsables familiares. Ofertaranse un total de 40 prazas (20 para 1º e 2º ESO e 20 para 3º e 4º). No caso de ter máis solicitudes que prazas sortearanse entre os solicitantes priorizando ao alumnado que non teña sancións académicas. As actividades comezarán oficialmente a principios de outubro.

 

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

   A partir do 11 de setembro, coincidindo co inicio das clases, comezaremos a entrega dos libros do fondo co alumnado de 4º ESO. Nos días seguintes continuarase coa entrega aproximadamente na seguinte orde:

NIVEL/GRUPO

DATA DE ENTREGA PREVISTA

4º ESO
11 de setembro
1º ESO
12-13 de setembro
2º ESO
13 e 16 de setembro
3º ESO17-18 de setembro


    O cumprimento dos prazos de entrega dependerá en boa medida do horario dos grupos. Todo o alumnado recibirá un comprobante dos libros recibidos. O centro está aínda adquirindo libros, polo que é posible que haxa alumnado que non leve todos os libros. Os libros faltantes serán entregados segundo cheguen ao centro.

IMPORTANTE: O alumnado que formalizou a matrícula con posterioridade á publicación das listaxes definitivas de asignación de libros ou que tivo que facer modificacións nas materias, recibirá os libros despois destas datas.

 

CURSO 24-25. INICIO DE CURSO (5)

Inicio do curso 2024-25

Información sobre grupos de alumnado

    O día 11 de setembro a partir das 08:40 horas procederase ao inicio do curso en todos os cursos de ESO e Bacharelato. O alumnado de todos os niveis pasará dúas sesións cos seus titores e terá ao longo da mañá as súas primeiras clases en varias materias. Haberá, polo tanto, clase normal ata a hora de saída ás 14:10 horas [Ver Horario diario do centro].

CONFORMACIÓN
DE GRUPOS

     Para as familias que dispoñen de Abalar, o grupo no que estará asignado o/a seu/súa fillo/a será visible na propia aplicación ao longo desta tarde segundo as listaxes de alumnado vaian sendo definitivas. Bastará con consultar a aplicación.


AULAS ASIGNADAS
AOS GRUPOS

     Os grupos de cada nivel estarán asignados a unha aula de referencia durante todo o curso. As aulas de referencia para os grupos de 2º, 3º, 4º e Bacharelato se reflicten no cadro. Os grupos de 1º de ESO entrarán directamente ao Salón de actos ás 08:45 horas e desde alí irán cos titores ás súas aulas.

GRUPOAULAANDAR
2º ESO A A22Baixo
2º ESO BA23Baixo
2º ESO CA24
Baixo
2º ESO DA25Baixo
2º ESO EA201º Piso
3º ESO AA091º Piso
3º ESO BA081º Piso
3º ESO CA071º Piso
3º ESO DA061º Piso
3º ESO PDCA101º Piso
4º ESO AA021º Piso
4º ESO BA031º Piso
4º ESO CA041º Piso
4º ESO DA011º Piso
4º ESO PDCA05 1º Piso
1º BACH AA181º Piso
1º BACH BA191º Piso
2º BACH A Plástica2Soto
2º BACH BABACSoto

As aulas están indicadas en cada andar.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA AO
CENTRO O PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Ver a anterior publicación nesta mesma WEB.

 

CURSO 24-25. INICIO DE CURSO (3)

HORARIO E PARADAS DO
TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 24-25

LIÑAS E PARADAS DE TRANSPORTE SERVIZO DE TRANSPORTE CONTRATADO POLA CONSELLERÍA

MOI IMPORTANTE: INDICAMOS OS HORARIOS INDICADOS POLAS COMPAÑÍAS, QUE INDICAN A HORA DE SAÍDA DO SERVIZO DA PRIMEIRA PARADA E A HORA DE CHEGADA CONCERTADA AO CENTRO 

¡ESTEAN CON ANTELACIÓN NAS PARADAS E TEÑAN PACIENCIA!

Cada alumno/a estará na parada asignada e collerá o bus que lle corresponda nos seguintes cadros.

*        *        *

BUS nº 1 (ED150207)

PARADASHORARIO MAÑÁ (aprox.)HORARIO TARDE (aprox.) 
   Fragas do Eume, 2008:1515:55
   IESP Elviña08:2016:00

 *        *        *

BUS nº 2 (ED150208)

PARADASHORARIO MAÑÁ (aprox.)HORARIO TARDE (aprox.) 

   Urb. Breogán

08:0615:36
   Fco. Sánchez......
   Feáns
......
   Novo Mesoiro, 30......
   IESP Elviña08:3016:10

 *        *        *

BUS nº 3 (ED150230)
PARADAS

HORARIO MAÑÁ
(aprox.)

HORARIO TARDE
(aprox.)
     Novo Mesoiro, 1008:2015:54
     IESP Elviña08:3016:05

*        *        *

BUS nº 4 (ED150234)

PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.) 
    Ribeira Sacra, 1208:2015:50
    Mesoiro Vello, 73......
    Ponte Martinete......
    IESP Elviña08:3016:00

*        *        *

BUS nº 5 (ED150235)
PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.)
     Palavea    07:4515:45
     Ofimático......
     Ribeira Sacra, 3......
     Novo Mesoiro, 5*......
     IESP Elviña08:3016:05

*ATENCIÓN: O curso pasado paraba en Novo Mesoiro, nº 10, agora pasa para o outro lado da rúa (nº 5).

*        *        *

BUS nº 6 (ED150238)
PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.)
     Novo Mesoiro, 30
08:1015:30
     Ribeira Sacra, 12......
     Fragas do Eume, 20
......
     IESP Elviña08:3015:50

*        *        *

LEMBREN QUE O ALUMNADO DEBE UTILIZAR EXCLUSIVAMENTE A PARADA QUE SE SOLICITOU NO MOMENTO DA MATRICULACIÓN E QUE FOI PUBLICADA NA LISTAXE DA SECRETARÍA DO CENTRO

IMPORTANTE: Especialmente os primeiros días de clase é posible certo desaxuste sobre os horarios indicados polos responsables da empresa de transportes Teñan en conta que as prazas por autobús están contadas e asignadas por alumnado, polo que é fundamental respectar as paradas que corresponden a cada alumno.

 

CURSO 24-25. INICIO DE CURSO (4)

Primeiro día de Curso 24/25

*     *     *

Imaxe1


    O día 11 de setembro comezan as clases en educación secundaria. O IES Plurilingüe Elviña recibirá ao alumnado desde as 08:30 na primeira xornada lectiva co horario completo.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA
E RECEPCIÓN DO ALUMNADO

     O procedemento de recepción do alumnado realizarase en dúas tandas, a partir das 08:30 horas da mañá do seguinte xeito:

a) ás 08:35, entrará ao centro pola porta principal todo o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e dos dous cursos de Bacharelato dirixíndose ás súas aulas respectivas onde, entre 08:40 e 10:20 terán dúas sesións iniciais cos docentes que exerzan a titoría de cada nivel. A/o titor/a informará ao alumnado do calendario escolar, dos procedementos de traballo no centro e do seu horario de curso. A partir da 3ª hora, o alumnado terá clase normal.

b) ás 08:45, despois da entrada de todos os demais grupos, entrará o alumnado de 1º ESO e se dirixirá ao salón de actos para unha recepción inicial. Posteriormente, os titores levarán a estes grupos ás súas aulas e farán unha sesión de presentación ata as 10:20 horas. Unha vez rematada a sesión inicial, o alumnado terá clase normal ata última hora (14:10 horas).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut