Skip to Content

ACTIVIDADES PLURILINGÜES (CURSO 2024-2025)

ACTIVDADES EN LINGUA INGLESA: TARDES DOS LUNS

Bandeira británicaBandeira USA

Como todos os cursos, o IES Plurilingüe Elviña organiza actividades extraescolares para a práctica e aprofondamento na lingua inglesa impartidas por unha docente do Dpto. de inglés e por un auxiliar de conversa nativo. Estas actividades teñen como principal obxectivo a práctica e a mellora da aprendizaxe oral desta lingua, fundamental como vehículo de comunicación en varias materias do noso centro. O alumnado participante terá a oportunidade de practicar a súa destreza oral en inglés ao tempo que progresa e traballa nas distintas actividades propostas.

     Estas actividades realizaranse fóra do horario lectivo, todos os luns laborais desde as 16:10 horas ata as 17:00 horas (1º e 2º ESO) e desde as 17:00 horas ata as 17:50 (3º e 4º ESO). Son gratuítas e abertas a todo o alumnado que desexe participar e sexa autorizado polos seus responsables familiares. Ofertaranse un total de 40 prazas (20 para 1º e 2º ESO e 20 para 3º e 4º). No caso de ter máis solicitudes que prazas sortearanse entre os solicitantes priorizando ao alumnado que non teña sancións académicas. As actividades comezarán oficialmente a principios de outubro.

 



page | by Dr. Radut