ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO
A partir do 11 de setembro, coincidindo co inicio das clases, comezaremos a entrega dos libros do fondo co alumnado de 4º ESO. Nos días seguintes continuarase coa entrega aproximadamente na seguinte orde:
NIVEL/GRUPO | DATA DE ENTREGA PREVISTA |
4º ESO | 11 de setembro |
1º ESO | 12-13 de setembro |
2º ESO | 13 e 16 de setembro |
3º ESO | 17-18 de setembro |
O cumprimento dos prazos de entrega dependerá en boa medida do horario dos grupos. Todo o alumnado recibirá un comprobante dos libros recibidos. O centro está aínda adquirindo libros, polo que é posible que haxa alumnado que non leve todos os libros. Os libros faltantes serán entregados segundo cheguen ao centro.
IMPORTANTE: O alumnado que formalizou a matrícula con posterioridade á publicación das listaxes definitivas de asignación de libros ou que tivo que facer modificacións nas materias, recibirá os libros despois destas datas.