Skip to Content

CURSO 24-25. INICIO DE CURSO (4)

Primeiro día de Curso 24/25

*     *     *

Imaxe1


    O día 11 de setembro comezan as clases en educación secundaria. O IES Plurilingüe Elviña recibirá ao alumnado desde as 08:30 na primeira xornada lectiva co horario completo.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA
E RECEPCIÓN DO ALUMNADO

     O procedemento de recepción do alumnado realizarase en dúas tandas, a partir das 08:30 horas da mañá do seguinte xeito:

a) ás 08:35, entrará ao centro pola porta principal todo o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e dos dous cursos de Bacharelato dirixíndose ás súas aulas respectivas onde, entre 08:40 e 10:20 terán dúas sesións iniciais cos docentes que exerzan a titoría de cada nivel. A/o titor/a informará ao alumnado do calendario escolar, dos procedementos de traballo no centro e do seu horario de curso. A partir da 3ª hora, o alumnado terá clase normal.

b) ás 08:45, despois da entrada de todos os demais grupos, entrará o alumnado de 1º ESO e se dirixirá ao salón de actos para unha recepción inicial. Posteriormente, os titores levarán a estes grupos ás súas aulas e farán unha sesión de presentación ata as 10:20 horas. Unha vez rematada a sesión inicial, o alumnado terá clase normal ata última hora (14:10 horas).

 



page | by Dr. Radut