XORNADA DE FAMILIAS E TITORES
IES PLURILINGÜE ELVIÑA
Unha vez rematadas as avaliacións iniciais do curso 2024-2025, o IES Plurilingüe Elviña realizará a habitual xornada de recepción das familias polos docentes titores. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 10 de outubro a partir das 18:00 horas. Para axilizar o procedemento, as familias accederán ao centro en dúas quendas, segundo o nivel no que estean matriculados os/as seus/súas fillos/as.
a. A partir das 18:00 horas: as familias de 2º, 3º, 4º ESO e Bacharelato accederán directamente ás aulas en compaña dos docentes titores
b. A partir das 18:30 horas: as familias de 1º ESO accederán ao Salón de actos para unha pequena recepción previa por parte do equipo directivo e do Dpto. de orientación. Despois pasarán cos titores.
Teñan en conta que o espazo nas aulas e no Salón é limitado, pregamos que non veñan acompañados para que poida acceder o meirande número de familias interesadas en asistir á presentación.
Contamos coa súa presenza!