Finalmente o gañador do concurso para a determinación do logo da ANPA do IES de SAr foi o alumno Adrián Dono Caramés.
Para ver o logo así como a explicación do seu significado para o autor fai clic aquí.
Estudo medioambiental do río Sar
Día 15 de maio de 2013, de 10:50 h a 14:30 h
Alumnado: Grupo de Diversificación-I de 3º ESO e grupo de Diversificación-II de 4º ESO
O día 24 de maio realizouse unha interesante actividade na que participaron un gran número de alumnos e diferentes profesores e profesoras, especialmente o propio organizador e a profesora de música e vicedirectora do centro María Giménez, coa colaboración especial da profesora de debuxo María Soledad Barral.
ILUSTRACIÓNS promocionadas polo Departamento de Biblioteca:
Fai clic aquí para ver as ilustracións na galería flickr do centro.
Dúas alumnas de bacharelato de Artes veñen de recibir dous importantes premios:
- Mariñas Casas Vidal: Accésit de fotografía na 9ª edición do concurso fotográfico Xurxo Lobato.
- Adela Rodríguez López: 2º premio no concurso de ideas para a USC para o curso 2013-2014.
! Moitos parabéns!
Nome da actividade: “As actas escuras”: un debate entre a razón e o dogma. Letras galegas 2013
Día e hora: xoves 16 maio de 10:45 a 12:30 aprox.
Grupos: 4º ESO A e B e 1º Bach. A, B, C e D
Nome da actividade: Visita ao porto de Vigo
Día e hora: martes 14 de maio de 9:00h a 18:40
Lugar: Vigo
A alumna Lucía García Cabanas obtivo o éxito do cuarto posto no Certame Ciceroniano do presente ano, no que participaban estudantes representando a todas as comunidades autónomas do estado. Este certame ten a finalidade fundamental de coñecer a lingua a a cultura latinas a través do textos de Cicerón. Ademais, xa é o segundo ano no que o noso centro acada o triunfo na fase galega deste concurso lingüístico. Cos parabéns para a gañadora e para o Departamento de Grego, o IES de Sar celebra este éxito.
Nome da actividade: “
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer