O día 24 de maio realizouse unha interesante actividade na que participaron un gran número de alumnos e diferentes profesores e profesoras, especialmente o propio organizador e a profesora de música e vicedirectora do centro María Giménez, coa colaboración especial da profesora de debuxo María Soledad Barral.
Nome da actividade: “O imposível acontece” (Despedida de 2º Bach.)
Día e hora: venres 24 de maio de 12:57 a 14:30
Grupos que actúan: 1º Bach A e alumnos de 2º Bach, 4º ESO e 2º ESO-B
Grupos que participan: todos, acompañados dos seus profesores excepto 2º Bach B que se incorporarán máis tarde.
Lugar: Patio e corredores do centro.
Profesor responsable: Antón Nieto.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer