Skip to Content

Dinamización lingüística

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS! CELEBRAMOS LUÍSA VILLALTA!

Durante a semana do 17 de maio o alumnado estivo traballando na figura de Luísa Villalta, que por defensa da cultura e da lingua de Galicia a Real Academia Galega dedicoulle este ano o Día das Letr

Premios do certame literario Xoán Díaz

O pasado mércores 22 tivo lugar a entrega de premios do certame Xoán Díaz no salón de actos do IES Afonso X O Sabio.

Noraboa aos premiados, especialmente ás nosas alumnas Patricia Real Romero e Elba Fraga Rivas, e a nosa ex-alumna Ana Couto Caneda, gañadoras as tres do 1º premio nas súas respectivas categorías.

Concurso musical Marzo

Xa está aquí o concurso musical do mes de marzo

Anímate e participa!!

Lembramos as normas:

  • Tes de rexistrarte cos teus datos (Nome completo, curso e aula)
  • Tes de completar as dúas pezas
  • Prazo: ata o 15 de abril
  • Gorentosos premios
  • Sorteo dunha camiseta entre todos os participantes

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O pasado venres 23 de febrerio, día de lembranza do nacemento de Rosalía de Castro en 1837, realizamos no centro varias actividades para recordar a escritora iniciadora do Rexurdimento.

 

RECITAL DE POESÍA

O alumnado de Proxecto Competencial (2º ESO) encargouse de facer un recitado poético da obra de Rosalía.

 

TAREFA CREATIVA


Mentres que os alumnos e alumnas escoitaban de fondo a versión musicada de Guadi Galego do poema "Tecín soia a miña tea", foron tecendo os versos de dito poema e saíron auténticas creacións:

 

TALLER DE POSTAIS

Os rapaces e rapazas escolleron un poema de Rosalía e, acompañado dunha ilustración, escribírino nunha postal que logo enviaron por correo a quen eles quixeron. Aquí tedes algún exemplo:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut