Skip to Content

Premios do certame literario Xoán Díaz

O pasado mércores 22 tivo lugar a entrega de premios do certame Xoán Díaz no salón de actos do IES Afonso X O Sabio.

Noraboa aos premiados, especialmente ás nosas alumnas Patricia Real Romero e Elba Fraga Rivas, e a nosa ex-alumna Ana Couto Caneda, gañadoras as tres do 1º premio nas súas respectivas categorías.

Dende o noso centro, queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Cambre por facer posible un ano máis que a mocidade teña esta plataforma para expresar o seu talento literario no noso idioma, así como á dirección, ao equipo de Dinamización Lingüística e ao departamento de Música do IES Afonso X O Sabio polo fermoso acto de entrega que organizaron.

 



page | by Dr. Radut