Skip to Content

XXIX Certame Literario Xoán Díaz

O IES David Buján, O IES Afonso X O Sabio e o Concello de Cambre convocan unha  nova edición  do Certame Literario Xoán Díaz.  Ata o día 15 de abril está aberto o prazo para presentar traballos de poesía, narración e microteatro nas tres categorías (de 12 a 14, de 15 a 18 e de 19 a 26). 

PARTICIPA!!

Consulta as bases

Ficha de inscrición

Viaxe a Almagro 1º bacharelato

O alumnado de 1º bacharelato viaxou, entre os días 12 e 16 de marzo, a Almagro para asistir a unha representación teatral no Corral de Comedias. Tameń se visitaron os muíños de vento de Consuegra e, xa en Madrid, realizáronse outras actividades culturais: teatro, visitas a museos (Thyssen-Bornemisza, Prado e Reina Sofía) e un percorrido interpretativo pola arte urbana de Lavapiés cun taller de graffiti. No traxecto de volta, aínda deu tempo de visitar o Mosteiro de San Lorenzo del Escorial.

Natalia Gómez Orgeira, gañadora das Olimpíadas Galegas de Economía

Natalia Gómez Orgeira, alumna de 2º bacharelato do noso centro é a gañadora das XIII Olimpíadas Galegas de Economía, celebradas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo o pasado 16 de marzo. O seu 1º premio concédelle o dereito a participar na XIV Olimpiada Española de Economía que se celebrará en Sevilla, organizada pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Sevilla, do 19 ao 21 de xuño de 2023. Moitos parabéns!

Evan Eiriksson Schimmelman, gañador das Olimpíadas de Xeografía de Galicia

Os nosos alumnos Evan Eiriksson Schimmelman, Laura Pena Muñoz e Nicolás López Méndez participaron nas XIV Olimpíadas de Xeografía de Galicia, que se celebraron o 9 de marzo de 2023 na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

A grande noticia é que Evan gañou o 1º premio desta fase, así que nos días 21 e 22 de abril viaxará a Murcia para a fase final estatal. Moitos parabéns!

Viaxe a Portugal 4º ESO

Despois de varios cursos de suspensión deste tipo de saídas por mor do Covid-19, este ano o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de realizar a súa viaxe de fin de etapa a Portugal (Lisboa, Sintra, Cascais, Estoril, Óbidos, Mafra...). A continuación un vídeo con algúns dos lugares e momentos compartidos. 

Intercambio de Portugués 2023 - Penafiel en Cambre

Despois da pandemia de COVID-19, neste curso 2022/2023 puidemos retomar o intercambio de Portugués, que organizamos conxuntamente coa Escola Secundária de Penafiel. Entre o 12 e o 17 de febreiro de 2023, os nosos parceiros portugueses estivéronnos visitando en Cambre. Fomos ver o Museo do Xacemento Romano de Cambre e a igrexa románica de Santa María, o Pórtico da Gloria e as cubertas da catedral de Santiago de Compostela, a Torre de Hércules, o Acuario, a Casa das Ciencias, o Planetario e a Cidade Vella da Coruña. O último día, participamos todos xuntos no Festival de Entroido do IES David Buján. Estamos desexando devolver a visita e chegar a Penafiel!

Olimpíada de Bioloxía 2023

O pasado venres, 17 de febreiro, o alumno de 2º de Bacharelato Nicolás López Méndez participou na Olimpíada de Bioloxía que tivo lugar na Facultade de Bioloxía da USC. Durante a xornada realizou unha proba teórica e outra práctica, e asistiu á conferencia "La genética en el museo del Prado", impartida polo catedrático de Xenética da USC Gonzalo Álvarez Jurado.

Cubo de Rubik e xadrez na Aula de Convivencia

Hai unhas semanas retomamos os recreos dinámicos na Aula de Convivencia. Neste momento estanse a realizar un obradoiro de cubo de Rubik (impartido polos alumnos Sofía Díaz e N. Jeremy Riveira) e un obradoiro de xadrez (impartido por Jesús Alcaide, profesor de Física e Química). Proximamente comenzaremos co obradoiro de origami que impartirá o alumno Nicolás Martínez. Aquí tedes unhas fotos dos obradoiros. A divertirse!

 

Horario da 2ª parte dos exames de pendentes ESO/BAC 2023

No documento anexo pódese consultar o horario da 2ª parte dos exames de pendentes de ESO e bacharelato en marzo de 2023.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut