Skip to Content

Baremo provisional intercambio Oxford

Accede ao baremo provisional para participar no intercambio de Oxford premendo no seguinte

Camisetas solidarias

Finalizadas as vendas dos dous modelos de camisetas deseñados polo alumnado de 4º ESO, a continuación preséntanse os resultados obtidos e a súa distribución:

Libros de texto para o curso 2024/2025

Esta á a lista de libros de texto para o vindeiro curso 2024/2025.

 

MATRÍCULA CURSO 2024/2025

Os días asignados a cada curso de xeito preferente para entregar de forma presencial o impreso de matrícula e a documentación solicitada serán os seguintes:

25 de xuño: 3ºESO/4ºESO

26 de xuño: 2ºBAC/2ºESO

27 de xuño: 1ºESO

28 de xuño: 1ºBAC

Reforestación do IES David Buján no curso 2023/2024

No verán de 2023, o IES David Buján acometeu os traballos para eliminar os grandes exemplares dunha especie invasora, a acacia negra (Acacia melanoxylon), que había no seu xardín. Tamén se efectuou a corta de vellos exemplares de piñeiros bravos (Pinus pinaster) que chegaran ao final do seu ciclo vital e presentaban perigo de caída durante os temporais do inverno.

Durante o curso 2023/2024, grazas ao programa Voz Natura, á colaboración dunha familia particular e á xenerosísima doazón do Viveiro A Revolta (grazas, Ivón!), diversos grupos de estudantes e docentes comezaron o proceso de reforestación do instituto coa plantación dun pequeno pomar e arboreto, con especies como as seguintes:

Erasmus+: estadía profesional en Ansbach (Alemaña)

Grazas aos proxectos de mobilidade Erasmus+,  tres profesores do IES David Buján participamos nunha estadía profesional no Theresien-Gymnasiun na vila de Ansbach (Alemaña) durante a semana do 17 ao 21 de xuño. Aniana Díaz, César Docanto e Marta Mosquera asistimos ás clases bilingües que ofrece este centro así como ás clases de español, que é unha lingua cada vez máis popular nos centros educativos alemáns.

 

O profesor Martin Stiegler, que xa estivera observando as nosas clases no ano 2022, recibiunos e acolleunos moi calorosamente, organizounos o horario de clase e permitiunos participar en actividades extraescolares únicas, como o proxecto Aqua-Terra, de conservación da natureza, e un proxecto de apicultura onde o alumnado coida e mantén unha colmea para despois elaborar o seu propio mel.

 

A estadía non puido ser máis frutífera e pode ser o xerme dunha futura colaboración para mobilidade de alumnado no marco dos proxectos Erasmus. Moitas grazas a Martin e a todo o profesorado e alumnado do centro que nos acolleu nas súas aulas.

Baremo do proxecto Erasmus+ "Healthy Living Together"

Este é o baremo para a selección do alumnado no proxecto Erasmus+ "Healthy Living Together". Este mesmo baremo, os prazos e as resolucións do proceso foron publicados no taboleiro de Proxectos Europeos/Erasmus+ que hai no corredor principal do instituto.

MEGABAU 2024

O pasado venres, 21 de xuño de 2024, celebrouse no Coliseum da Coruña a gala de premios MEGABAU. No evento, organizado polas tres universidades galegas e a consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, homenaxéase aos estudantes que acadaron os mellores resultados nas probas de acceso á universidade da nosa comunidade autónoma. Foi un evento multitudinario ao que estiveron convidados seis dos agora xa exalumnos do noso centro. Parabéns!

Proceso de selección para o intercambio con Oxford (curso 24/25)

Ábrese o proceso de selección de 12 alumnas de 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato para un intercambio co Wychwood School de Oxford (Reino Unido) durante o curso 24/25.

Achéganse tanto o calendario do proceso como o baremo para a selección.

Intercambio co Liceum Ogólnokształcące im. P. Michałowskiego en Cracovia

 
Un grupo de 10 estudantes de 1º bacharelato, acompañado por dúas profesoras, estivo de intercambio en Cracovia durante a segunda semana de xuño de 2024. Nestes días, os nosos anfitrións acolléronos con cariño mentras practicabamos inglés e desfrutabamos da oportunidade de aprender un pouco máis sobre historia, gastronomía, xeografía, sistemas educativos e achegabámonos a unha cultura diferente. Esperamos que experiencias coma esta sirvan para fortalecer os lazos e a convivencia pacífica entre os cidadáns e as cidadás do futuro.
 
Grazas ao profesorado e alumnado do Liceum Ogólnokształcące. Estamos desexando que nos devolvades a visita o próximo setembro.
Distribuir contido


by Dr. Radut