Skip to Content

Camisetas solidarias

Finalizadas as vendas dos dous modelos de camisetas deseñados polo alumnado de 4º ESO, a continuación preséntanse os resultados obtidos e a súa distribución:

+ Ingresos obtidos polas camisetas vendidas: 135 unidades x 15€ = 2.025€.

- Custo total das 135 camisetas: 1.485

= Beneficios obtitos: 2.025 - 1.485 = 540

Distribución dos beneficios obtidos (a proposta do alumnado):

  • Almorzo despedida fin de curso 4ºESO: 188
  • Gratificacións entregadas aos alumnos e alumnas que venderon máis camisetas: 70
  • Donativo para "Save the Children": 282

A elección de Save the Children como ONG destinataria do noso donativo obedece a que é unha das organizacións humanitarias especializadas que traballan na franxa de Gaza e nos territorios ocupados de Palestina. Trátase dunha das cinco ONG's que mantén un convenio de emerxencias coa AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional e para o Desenvolvemento), organismo adscrito ao Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación.

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

AdxuntoTamaño
Recibi_22813_20240627.pdf96.84 KB
Diploma_17751_20240627.pdf199.21 KB


page | by Dr. Radut