Skip to Content

Cerimonia TEI

O pasado xoves 02 de novembro, celebramos a cerimonia TEI para inaugurar unha nova edición do programa TEI "Titoría entre iguais". O alumnado de 3º ESO volve a ser titor/a do alumnado de 1º ESO. Pinchando na seguinte fotografía, podedes acceder a un álbum de fotos do acto que estivo amenizado por un grupo de pandereteiras, integrado por algúns alumnos do centro.

CONTOS DE MEDO NA BIBLIO

Este xoves, a 3ª hora, e venres, a 3ª e 4ª teremos un ano máis a actividade dos contos de medo na biblio, na que participan como espectadores o alumnado de 1º de ESO e como narradores/lectores alumnado de 2º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Achegamos presentación da actividade e estrutura da mesma para información dos profes afectados.

.

Organización do magosto 2023

Mañá, venres 3 de novembro, celebramos o noso magosto con xogos populares. Como as condicións meteorolóxicas non axudan moito, ímolo organizar dun xeito un pouco diferente:

  • Ás 11.20 h, os grupos de 4º de ESO saen para organizar, coordinados polo departamento de Educación Física.
  • Das 12.00 ás 12.30 h, todos os grupos saen para comer as castañas (agás 2º de BAC, que sae ás 12.10 h).
  • Das 12.30 ás 13.20 h, 1º e 3º de ESO van ao pavillón para participar nos xogos populares dirixidos polo alumnado de 4º. O resto dos grupos van para a clase.
  • Das 13.20 ás 14.10 h, 2º de ESO vai para o pavillón para participar nos xogos populares.

ACTIVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS

A biblioteca do IES David Buján vén de elaborar un plan de actividades para as familias do seu alumnado co obxectivo de implicalas máis na dinámica do centro e, en particular, do relacionado coa biblioteca e a lectura. Esas actividades comezarán o día 20 deste mes, ás 18,15, cunha xornada de portas abertas na que amosaremos a biblioteca e comentaremos as súas actividades aos familiares que queiran vir.  O demais que lles ofrecemos está contido nesta carta que xuntamos e que estamos a entregar ao alumnado estes días para que as familias nola devolvan cuberta e as´saber o que lles interesa.

.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

A nosa Aula de Convivencia volve a estar a pleno rendemento!

Invitámosvos a que veñades nos recreos a entretervos con distintos xogos e actividades. Algúns son de cursos pasados (o xadrez ou cubos de rubik) e outros son novos ("unno", “jenga”, “cortex”, “hundir la flota”, “scrabble”, “tabú”…) Tamén podedes colorear mandalas, tocar a guitarra, ler tranquilamente ou simplemente charlar cos compañeiros, compañeiras e profes. Pronto empezarán os recreos dinámicos con novas actividades. Vémonos alí!

CLUB DE LECTURA "AVELAÍÑA"

Xa están en marcha a maioría dos grupos de lectura no club "Avelaíña". Por agora, temos un grupo de literatura xuvenir de 1º de ESO, un de novela e teatro de 3º, un de novela en galego, un de literatura universal tamén en galego, un de ciencia e un de profes. Teremos tamén un de manga, un de literatura de misterio e outro de lecturas en inglés. Aínda estás a tempo de anotarte no que máis che interese! 

Toda a información na biblioteca.

Exames de materias pendentes de ESO (1ª parte)

Este será o horario de exames da primeira parte das materias pendentes de ESO, na semana do 6 ao 10 de novembro de 2023.

Probas de acreditación de competencia en linguas estranxeiras

Ábrese o prazo para solicitar as probas de acreditación de competencia en lingua estranxeira en inglés, francés ou portugués, tal e como se indica na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41160. O alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato que as queira solicitar terá que entregar o formulario anexo, cuberto pola familia, na administración do centro. A data límite para entregalo é o 26 de outubro. Prégase que se reflexione sobre a petición da proba, xa que a solicitude require un compromiso firme: se se concede, o alumno/a deberá realizala.
 
 

Exames de pendentes de bacharelato, 1ª parte

Publicamos aquí o calendario dos exames da primeira parte das pendentes de bacharelato.

Venres, 13 de outubro: día non lectivo do centro

Lembramoslle á comunidade educativa que este venres, 13 de outubro, é un dos días non lectivos de elección do noso centro, así que esta semana non teremos clase nin xoves nin venres.

Distribuir contido


by Dr. Radut