Cursos anteriores

A Biblioteca coas Letras Galegas

          Como cada 17 de Maio, procuramos facer ambiente de festa para o día grande das Letras. Tanto no interior da biblioteca coma na entrada desta e igualmente no vestíbulo do centro podemos ver libros, imaxes e rótulos que fan referencia a esta celebración, que cumpre neste ano xa sesenta, pois deu comezo en 1963, ano do centenario de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

          Carteis dos que anunciaban as primeiras celebracións ata as máis recentes, breves explicacións dos homenaxeados de cada ano ata o 2022 -de Rosalía a Delgado Gurriarán-, a bibliografía de e sobre Francisco Fernández del Riego, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas nesta ocasión...

          Participade nesta festa das nosas Letras da maneira que sexa: mirando, coñecendo, contando, escribindo, lendo...

Álbum: Curso 2022/2023 -> A Biblioteca coas letras galegas

Iris Santana e Noelia Villaravid finalistas nas Olimpíadas Matemáticas

As nosas alumnas Iris Santana e Noelia Villaravid participarán o vindeiro 25 de maio en Lugo na fase final das Olimpíadas Matemáticas Galegas.

Parabéns ás nosas campioas!!

Álbum: Curso 2022/2023 -> Finalistas olimpiada

Taller de pigmentos caseiros

Hoxe tivemos a sorte recibir a Manon, profe de bioloxía xubilada deste centro. Estivo traballando, co alumnado, impartindo un obradoiro de pinturas caseiras. Traballamos a mancha con tinta de calamar, café e remolacha. Completando a mancha despois con liña, apareceron imaxes tan bonitas como estas:

Álbum: Curso 2022/2023 -> Taller de acuarela

Tecnoloxía 2° de ESO: seguridade no taller

Recentemente o alumnado da ESO asistiu a unha interesante charla sobre seguridade no taller impartida por Montse Fernández Pedrera, técnico en prevención de riscos, para poderen traballar con máquinas e ferramentas de xeito seguro.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Tecnoloxía 2° de ESO: seguridade no taller

Estructuras 2 °ESO

O alumnado de 2° ESO construíu unhas estruturas tan resistentes como para soportar os seus propios pesos, elaboradas con papel!

Álbum: Curso 2022/2023 -> Estructuras 2 °ESO

Visita ao Parlamento de Galicia

O xoves 20 de abril, o alumnado de terceiro da ESO e de oratoria visitamos o Parlamento de Galicia mais o Instituto da Lingua Galega.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Santiago Parlamento

En abril, enigmas mil

          Na Hora de Ler do xoves 20 de abril enviouse nas Caixas Viaxeiras un novo enigma deste Mes dos Libros. Trata arredor do DÍA DO LIBRO. 

          Tamén irá o cuestionario nas Caixas na Hora de Ler deste xoves 27 de abril e pódese ver aquí tamén. Entre os que entreguen algún dos enigmas destes meses de abril e maio debidamente cubertos sortearemos un vale de 25 € para libros ou material escolar, de  debuxo..., coma sempre.

          Animádevos a resolvelos!

Certame de regueifas en Santiago de Compostela

O pasado 14 de abril, venres, o alumnado de regueifas do noso centro acudiu ao auditorio de Galicia en Santiago para participar na Regueifesta, un certame festivo onde regueifar con outros centros escolares de Galicia, Euskadi e Cataluña, ademais de conectar vía internet coa Madeira, Cuba ou Italia.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Regueifas

Concurso Ilustrando a Castelao

          Despois da votación levada a cabo á vista dos traballos expostos, o xurado decidiu emitir o seguinte ditame:

. Na categoría de 1º e 2º ESO o traballo premiado foi o de SIMÓN PÉREZ SOTO, de 2º ESO-C

  Obtivo un accésit AURORA GASPAR IGLESIAS, de 1º ESO-C.

. Na categoría de 4º ESO recibiu o premio o traballo de ANTÍA ÁLVAREZ PILLADO

  Foi acredor a un accésit o de BREIXO MERINO GÓMEZ.

          Moitos parabéns !!

2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

          Como cada 2 de abril, celébrase este Día en recordo de Hans Christian Andersen. Nós, desde a biblioteca, coincidindo coa Hora de Ler deste 13 de abril, convidámosvos a achegarvos a algúns títulos desta parcela da literatura (ou doutras) facendo unha busca de datos para responder ao cuestionario que se propón nas Caixas Viaxeiras e aquí mesmo. 

          Autores, títulos, personaxes... dese amplo mundo co que enchemos horas e horas de entretemento e aprendizaxe aparecen ao longo desas preguntas.

          Anímate a contestalas! 

Distribuir contido