Certame de regueifas en Santiago de Compostela

O pasado 14 de abril, venres, o alumnado de regueifas do noso centro acudiu ao auditorio de Galicia en Santiago para participar na Regueifesta, un certame festivo onde regueifar con outros centros escolares de Galicia, Euskadi e Cataluña, ademais de conectar vía internet coa Madeira, Cuba ou Italia. Os 11 regueifeir@: Mateo, Noelia, Yousra, Xoán, Nico, Hugo, Lucía, Gabriel, Iris, Iago e Simón desfrutaron dunha xornada festiva con regueifas, bombas, atraques e brindos, todos eles formas do repentismo galego, ademais de dar un paseo agradable pola sempre fermosa Compostela e visitar a expo  #historiasderadiogalicia guiada e comisariada por Aser Álvarez na casa do Cabido

Álbum: Curso 2022/2023 -> Regueifas