18 de outubro: Día das Escritoras


     O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

     Celébrase o luns máis próximo ao 15 de outubro para reivindicar o papel das mulleres no ámbito da literatura, facer visible o seu traballo e combater a discriminación sufrida ao longo da historia.

     Rara vez as mulleres aparecían nos manuais de historia da literatura, poucas recibían premios de relevancia e moitas víronse obrigadas a utilizaren pseudónimos masculinos... Hoxe, por fortuna, as cousas empezan a cambiar...

      Este ano festéxase a data baixo o lema "Ler as idades da vida". A profesora  Marifé Santiago Bolaños é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021 e tamén responsable dunha escolla de textos que podedes consultar premendo aquí. Asemade, as Bibliotecas Escolares galegas ofrecen unha selección de textos de escritoras galegas que podedes consultar aquí.

     No vestíbulo do centro tendes unha exposición temporal de obras de escritoras en galego e castelán e a biblioteca Ramiro Fonte do noso centro conta tamén cunha decoración especial ao fío desta data.

Planetarios na clase de Bioloxía

O alumnado de 1º ESO estivo traballando no sistema solar. Mirade os planetarios tan interesantes e chulos que fixeron e que decoran a entrada do instituto estes días.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Planetarios

"Muller e ciencia" no programa G-NIGHT

O pasado venres 24 de outubro o alumnado de 3º ESO A asistiu a charla "Muller e ciencia" dentro do programa G-NIGHT organizado pola Universidade de Vigo. A investigadora Mª Asunción Longo González contou a súa propia experiencia persoal así coma a de outras mulleres científicas destacadas ao longo da historia.

Álbum: Curso 2021/2022 -> G-NIGHT Muller e ciencia

Festival de Kerouac no IES Castelao

O pasado xoves, 7 de outubro, o alumnado de 1º de bacharelato de Literatura Universal puido asistir a un pequeno aperitivo do que vai ser o Festival Kerouac deste 2021. Da man dun dos seus promotores, Marcos de la Fuente, puidemos desfrutar da poesía de Alicia Savaxe que nos trouxo dous relatos: unha sobrecolledora historia sobre pederastia na adolescencia e outro breve conto sobre o amor a través das pantallas. Dende aquí podedes acceder ao seu instagram.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Festival Kerouac 2021

Concurso de Tradución

Iniciamos este curso desde a Biblioteca celebrando varias efemérides para así festexar algunhas das linguas de Europa xunto coas súas literaturas. Porque…

O día 26 de setembro celébrase desde 2001 o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS para preservar a riqueza da diversidade lingüística de Europa e potenciar a aprendizaxe de linguas, entre outras cousas. Por outra banda, desde 1991 o día 30 de setembro homenaxéase a san Xerome, patrón dos tradutores, no DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCIÓN, coa fin de facer ver a importancia destes profesionais nun mundo cada vez máis globalizado.

Combinando ámbalas datas, propoñémosvos que vos fagades investigadores-tradutores por un breve tempo e participedes no CONCURSO da nosa biblioteca.

Hai dúas modalidades, unha para ESO e outra para BAC.

Na modalidade de tradución terase en conta, ademais da calidade, a orixinalidade das versións e tamén das linguas ás que se verten os textos.

O prazo de entrega remata o 8 de outubro

Animádevos!!

Concurso ESO

Concurso BAC

Carmen Laforet, 100º aniversario

          En vésperas dun novo curso escolar, non queremos deixar de recordar este aniversario do nacemento dunha escritora que quixo pasar desapercibida pero que debemos recordar sempre na nosa historia literaria pola importancia da súa obra, especialmente sorprendente no caso da súa  primeira novela, Nada, coa que conquistou o premio Nadal na súa primeira edición do ano 1944. Poucos anos antes fora discípula no instituto das Canarias de Consuelo Burell, muller decisiva na súa vida, e que logo sería profesora no IES Santa Irene de Vigo entre 1942 e 1961, ata o seu traslado ao Instituto de Segovia, onde se xubilou.

          Convidámosvos a abrir boca neste 2021-2022 con este breve fragmento da primeira novela de Carmen Laforet, no que Andrea, trasunto da autora, chega con grandes expectativas a Barcelona, a hospedarse na casa familiar na rúa Aribau (onde a autora nacera):

 

     "Por dificultades en el último momento para adquirir billetes, llegué a Barcelona a medianoche, en un tren distinto del que había anunciado, y no me esperaba nadie. 

    Era la primera vez que viajaba sola, pero no estaba asustada; por el contrario, me parecía una aventura agradable y excitante aquella profunda libertad en la noche. La sangre, después del viaje largo y cansado, me empezaba a circular en las piernas entumecidas y con una sonrisa de asombro miraba la gran Estación de Francia y los grupos que estaban esperando el expreso y los que llegábamos con tres horas de retraso.   

     El olor especial, el gran rumor de la gente, las luces siempre tristes, tenían para mí un gran encanto, ya que envolvía todas mis impresiones en la maravilla de haber llegado por fin a una ciudad grande, adorada en mis sueños por desconocida […].

     Un aire marino, pesado y fresco, entró en mis pulmones con la primera sensación confusa de la ciudad: una masa de casas dormidas, de establecimientos cerrados, de faroles como centinelas borrachos de soledad. Una respiración grande, dificultosa, venía con el cuchicheo de la madrugada. Muy cerca, a mi espalda, enfrente de las callejuelas misteriosas que conducen al Borne, sobre mi corazón excitado, estaba el mar."

[Carmen LAFORET, Nada, 1945]

O Calvario en feminino

     Dentro do plan proxecta, 365 días de igualdade co que estivemos a traballar, co título do "Calvario en feminino", este son dous traballos que fixemos. Foron elaborados polo alumnado e contamos coa colaboración dos departamentos de Música, Tecnoloxía, Educación Física e Plastica.

Grupo de música tradicional do IES Castelao

     Durante este curso tivemos a sorte de contar cun grupo de música tradicional composto por alumn@s, exalumn@s e profesor@s aos que lle queremos agradecer a súa presenza en tódalas celebracións do centro.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Grupo de música tradicional do IES
Distribuir contido