Graduación de 2º de bacharelato

O xoves 24 de xuño tivo lugar a celebración da tradicional graduación de 2º de bacharelato. Este ano tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo. Durante o acto entregáronse os mouchos aos mellores expedientes do curso (David Castañeda e Antía Pérez de Bacharelato de Ciencias e Ana Xinyao Xu Hong e Alicia Xu Hong de Bacharelato Social e Humanidades) e os diplomas e insignias a todo o alumnado.

O evento foi presentado por Iago García, Laura Castro, María Álvarez e David Castañeda da man do profesor Pablo Samartín. Ademais participaron para amenizar a tarde José Cruz e Brais Martínez, cos seus disfraces de dinosaurio e quenlla, e Xoel Moure como monologuista.

Tamén houbo música da man de Candela Estévez, Malena Lorenzo, Álex Álvarez, Xulia Blanco, a profesora Judith Alonso e varios exalumnos. 

O padriño da promoción foi o noso benquerido profesor Ramón Nicolás que dictou unha fermosa conferencia de despedida. O representante da promoción foi Álex Álvarez e este ano, como representante das familias, Mª José Vallejo adicou unhas emotivas palabras ao alumnado.

[Fotos cortesía de Vilux Fotografía]

Álbum: Curso 2020/2021 -> Graduación 2º bacharelato

Graduación de 4º ESO

Como novidade deste curso, entre o alumnado e o profesorado de 4º ESO organizaron unha graduación para celebrar este fin de etapa no pavillón o pasado luns 21 de xuño.

Contaron con varios representantes do alumnado que amenizaron o acto e diferentes vídeos recordatorios feitos en colaboración polo profesorado. Para rematar houbo unha entrega de diplomas para os graduados.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Graduación 4º ESO

Contacontos Servando Barreiro

 

O pasado xoves 17 de xuño o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiron ao concerto de Servando Barreiro dentro do programa de actividades do EDL. O contacontos fixo un espectáculo que mesturaba música, poesía, anécdotas… sobre diversos temas, entre eles a homenaxeada nas letras galegas deste ano, Xela Arias.

 

Álbum: Curso 2020/2021 -> Servando Barreiro

Concerto de Eladio Santos compoñente de Eladio y los seres queridos.

 O pasado martes 15 de xuño o alumnado de 1º de bacharelato puido desfrutar dun concerto da man de Eladio Santos, antigo alumno do noso instituto.

Eladio comezou a mañá con dúas versións de “No niño do vento” e unha cantiga de Martín Codax, temas do seu disco Cantares. Tamén puidemos escoitar sons máis actuais como “El tiempo futuro” ou “Non quero perderte” do seu disco Están ustedes unidos.

 

Álbum: Curso 2020/2021 -> Eladio Santos

Ruta do río Eifonso

     O xoves 27 de maio, alumnado de Bioloxía de 1º bacharelato A, B, C e G, acompañados por Pablo Samartín, Javier Rey e Pilar Santos, realizou un tramo da ruta do río Eifonso, un fermoso paseo con bosques autóctonos, muíños e hermidas.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Ruta do río Eifonso

Visita de Humberto Heredia de Desertores

O mércores 2 de xuño tivemos o pracer de recibir a visita de Humberto Díaz “Heredia”, componente do grupo Desertores. Con el estivemos falando sobre Xela Arias e as cancións que ela compoñía para o grupo, así puidemos ver os temas manuscritos e con correccións da propia poeta.

Ademais, compartimos co guitarrista o traballo de ilustración e transcripción das letras compostas por Xela no primeiro disco que fixo o alumnado de 3º PMAR.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Desertores

21 de maio, día internacional da diversidade cultural.

O pasado 21 de maio o alumnado de ESO participou nunha actividade na que se puxo en valor a diversidade e a riqueza cultural da nosa comunidade educativa.

Álbum: Curso 2020/2021 -> 21 de maio

Contacontos Inglés-Galego

As linguas de Rosalía e de Virgina Woolf entretecidas por Charo Pita e Patricia McGill para nos relatar unha escolma de historias que nos levaron a tempos e espazos distantes, pero que percibimos moi próximos. O alumnado de 4ºESO puido gozar desta experiencia o pasado mércores 19 de maio.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Contacontos Inglés-Galego
Distribuir contido