Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
As cualificacións finais publicaranse no Abalar Móbil o XOVES 25 XUÑO 2020.
Se algún alumno ou alumna non recibe correctamente as súas cualificacións pode poñerse en contacto co titor ou titora concertando unha cita para a entrega do boletín de notas.
Formulario de ampliación de matrícula en Módulos 2 e 4 da ESA
Todos aqueles alumnos e alumnas que obtiveron unha cualificación positiva en un ou máis ámbitos na avaliación extraordinaria da Educación Secundaria para Persoas Adultas, con data 21/05/2020, deberán pasar pola secretaría do IES Campo de San Alberto, en horario das 10 ás 13 horas, para cubrir o formulario de ampliación de matrícula.
O prazo para facer efectiva a ampliación remata o día 25/05/2020 ás 13:00 horas.