Un xoves máis levouse a cabo a charla de novas tecnoloxías na que se tratou o tema da seguridade na rede.
O xoves anterior falamos de varias webs:
A páxina española de analise de ficheiros:
https://www.virustotal.com/es/
Unha páxina na que se poñen a proba un gran número de antivirus:
http://www.av-test.org/es/antivirus/
Vimos outra interesante páxina web na cal podemos introducir o noso nome de usuario dalgunha das contas que utilicemos, ou incluso o noso correo electrónico para que, automátiacmente se busque se algunha das nosas contas foi atacada e se os nosos datos poden estar libres na rede.
https://haveibeenpwned.com/
Tratamos tamén a protección da nosa rede wifi doméstica, deshabilitando o estandar WPS (Wi-Fi Protected Setup) naqueles ruters que o traen activado de maneira predeterminada, xa que resulta moito máis facil para o atacante sacar o WPS (código de 8 díxitos) que a contrasinal que teñamos establecida, sobre todo no caso de que utlicemos o protocolo de seguridade WPA2-PSK.