Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

23 de abril: Día do Libro

Desde a EPAPU de Ourense promovemos a aprendizaxe permanente ao longo de vida, de xeito que a idade non sexa impedimento para iniciar, continuar ou retomar a formación.
Todas e todos temos moito que dicir e que aportar a esta sociedade, independentemente da nosa idade.
Con esta reivindicación na nosa mente, este ano conmemoramos o Día do Libro o vindeiro 23 de abril con esta exposición de libros antigos que, malia ser “vellos”, “aínda teñen moito que contarnos”.

Nova reunión do club de lectura do alumnado da EPAPU

O pasado 27 de marzo celebramos unha nova reunión do club de lectura do alumnado da Epapu para comentar a lectura do libro de Ledicia Costas "Golpes de Luz" que deu moito de sí pola cantidade de temas que se tratan. Unha sesión ao redor dun café que resultou moi agradable.

 

Conmemoramos o día da poesía cun recital poético no Marcos Valcárcel

O pasado venres 24, o noso centro EPAPU, para celebrar o día da poesía, organizou un acto invitando ao grupo de poetas NÓS, XENTE DO REDOR, formado por poetas e poetisas ourensáns de grande nivel. O acto celebrouse na Sala do Centro Cultural Marcos Valcárcel, cedido pola Deputación Provincial a quen lle estamos moi agradecidos. 

 

O noso alumnado puido disfrutar dun recital marabilloso e entrañable ambientado con música.

Sen dúbida, unha experiencia que non esquecerán nunca. O noso centro ten a filosofía dunha educación integral para o noso alumnado, por iso diversifica actividades co fin de que vivan experiencias.

 

Podes visionar a gravación do acto no seguinte enlace: Recital Poético

 

 

Xuntanza do clube de lectura de profes, analizamos "Las gratitudes" de Delphine de Vigan

O pasado mércores celebramos a segunda reunión do clube de lectura de profesores. Analizamos a lectura do libro da autora francesa Delphine de Vigan "Las gratitudes". Unha fructífera reunión para un libro que gustou moito entre tódolos integrantes do clube de lectura.

Nota informativa: Alumnado de 2º BAC con pendentes de 1º

Nota informativa importante para o aumnado de 2º de Bacharelato que ten materias pendentes do primeiro curso.

Preme na imaxe para ver o pdf en detalle

Recital Poético no Centro Cultural Marcos Valcárcel

O vindeiro venres 24 de marzo no Centro Cultural Marcos Valcárcel a partires das 19:30, colaboramos na organización deste marabilloso recital poético coordinado por Avelino Jácome e presentado por Marina Sánchez no que poderemos deleitarnos coa poesía de Fina Cruz, Olga Nóvoa, Piedad Valencia, María Victoria e Armando González.

Agardámoste o próximo venres!!!

Segunda edición do Certame literario Loureiro: Aconteceu no Couto

Animate a participar na segunda edición do Certame literario Loureiro: Aconteuceu no Couto.

Trátase dunha actividade promovida pola Asociación de Veciños Loureiro en colaboración coa EPAPU Ourense, o IES O Couto e o Colexio Santo Ángel. Os relatos deben estar redactados en galego, ter unha extensión en torno ao folio e medio e, o máis importante, estar ambientados no barrio do Couto. Calquera dúbida pódecha aclarar o teu profesorado.

8-M: Día da Muller

O día 8 de marzo levouse a cabo un acto co alumnado para conmemorar o Día da Muller. No salón de actos leuse a traxectoria das mulleres ao longo das diferentes etapas históricas para demostrar que elas tamén foron protagonistas na historia. Así mesmo expúxose o significado do 8 de marzo e por que se escolleu ese día para celebrar o Día da Muller.

Finalizouse o acto cantando a canción "Puerta violeta" de Rozalén pois ten unha letra contra a violencia contra a muller. Un pequeno acto pero moi simbólico e representativo.

Calendario probas libres obtención graduado maiores 18 anos

 

Prazo de matrícula aberto a partires do vindeiro LUNS 6 de MARZO

 
Distribuir contido


by Dr. Radut