Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Acto graduación 4º ESA, ESAD 21-22

A Segunda Guerra Mundial nos informativos da EPAPU

 O alumnado de Bacharelato realizou un último traballo para a materia de Historia do Mundo Contemporáneo. Se ao longo do curso os alumnos e alumnas estiveron traballando os contidos da materia tomando como excusa os medios de comunicación (pois elaboraron xornais, posters, vídeos...) culminárono presentando un telexornal e un programa de radio no que tiveron que tratar os acontecementos máis destacados do Perídodo de Entreguerras (Crac do 29 e auxe dos Fascismos) e a Segunda Guerra Mundial. 

O Telerxonal denominado "El Bucle" contaba cos presentadores e reporteiros que nos foron dando noticia, a través de entrevistas, de reportaxes, de imaxes visuais e sonoras...dos acontecementos máis destacados do período histórico mencionado Non se esqueceron de temas interesantes como a arte da época, o rol das mulleres, etc..Un traballo que mereceu o aplauso dos espectadores para os seus autores: Jennifer, Cristian, Miriam, Manuel e Samuel.

O programa de radio denominado "Radio Patio" amosou a soltura e frescura deste medio. Conduciron o programa de xeito ameno e foron expoñendo os aspectos relevantes da temática. Soou a música da época, falaron da moda do momento e de como importantes deseñadores realizaron os traxes para os soldados, tamén houbo entrevistas, concursos... Nel participaron Edgar, Brenda, Sheila, Vitor, Julia e Filipa.

A aprendizaxe dos contidos e o desenvolvemento das competencias está asegurado pois, deixando de lado as clases meramente expositivas, o alumnado viviu unha grande experiencia que, din eles mesmos, non se lles esquecerá.

 

Alumnado premiado no certame: "Falando de Solidariedade"

Moitos parabens ao alumnado de primeiro de Bacharelato da materia de Filosofía práctica que veñen de seren galardoados co primeiro premio do certame "Falando de Solidariedade" na súa modalidade de Video. Ademais, e facendo gala da súa xenerosidade e compromiso, doaron os premios recibidos ao centro e á súa biblioteca. Moitas grazas!!!

Tamén resultaron recoñecidos a título individual co primeiro premio os relatos: "Unhas pulseiras para Gloria" de Antonia Alejos na categoría de Adultos e "Salif, 26 anos, Burkina Faso" de Sheila Salgueiro. Do mesmo xeito tamén resultou finalista o ensaio "Loitando por morrer" de Iván Rial. Noraboa a tódolos premiados!!!

 

Mesa redonda co noso alumnado procedente de Afganistán

Ao longo do martes 24 de maio celebráronse mesas redondas nas distintas quendas (mañá, tarde e noite) organizadas polo profesorado do departamento de Español para estranxeiros nas que os nosos alumnos prodedentes de afganistán responderon ás preguntas que lles formularon o resto do alumnado da escola. 

Grazas a Wahida Shankar e Sayed Hamza poidemos coñecer de primeira mán a triste realidade da sociedade afgá trala toma do poder dos talibáns e a represión sufrida especialmente polas mulleres. Unha auténtica lección de vida a que recibimos todos onte na nosa escola.

A actividade complementouse co visionado previo do documental “Escape de Kabul (Parte 2) / Buscando a Dios (Jorge Said)” que podedes atopar no seguinte enlace de youtube: Escape de Kabul 

No blog do proxecto Donas de Si tamén tedes máis información desta actividade: Wahida Shankar, unha auténtica dona de si.

 

1º Bacharelato: Calendario exames finais convocatoria ordinaria

Xa está dispoñible o calendario de exames finais da convocatoria ordinaria de primeiro de Bacharelato. As probas realizaranse os días 30 e 31 de maio e 1 e 2 de xuño.

 Fai clic sobre a imaxe para consultar a información en pdf.

ESA Presencial: Calendario de exames finais da convocatoria ordinaria.

Aquí tedes o calendario de exames finais da convocatoria ordinaria da ESA presencial. As probas realizaranse os días 3, 6 e 7 de xuño.

 Fai clic sobre a imaxe para consultar a información en pdf.

O Período de Entreguerras explicado polo alumnado de 3º ESA Tarde

Recentemente o alumnado de terceiro da ESA da quenda de tarde estivo a traballar no ámbito de sociedade o período de entreguerras: os felices anos 20, o crac do 29 ou xoves negro, as causas e consecuencias da segunda guerra mundial así como a guerra civil española. Todo moi ben explicadado neste video-traballo realizado polas alumnas e alumnos de terceiro e pola súa profesora Rosa Cid. Esperamos que vos guste.

AS ENTREVISTAS IMPOSIBLES DA RADIO EPA: FLORENCIO DELGADO, DÍA DAS LETRAS 2022

Para conmemorar convosco o día das nosas letras, achegamos unha nova edición das "Entrevistas Imposibles" da Radio Epa. Nesta ocasión os autores foron os alumnos de 3º ESA tarde. Un fantástico traballo. Vivan as Letras Galegas, viva #florenciodelgado

 

A revolución rusa explicada polo alumnado de 1º de Bacharelato

Durante os últimos días os alumnos e alumnas de primeiro de Bacharelato estiveron traballando na materia de Historia contidos sobre a revolución rusa. Aquí temos algunhas imaxes dos traballos feitos:

 

     

GRADUACIÓN 4º ESO ESAD CURSO 21-22

Ola!

Antes de nada, moitísimas grazas pola vosa participación. O interese que demostrades fai que nos esforcemos ao máximo para darvos a mellor das GRADUACIÓNS.
Merecédela!

Para ter un control do aforo necesitamos que cubrades o seguinte formulario: ENLACE FORMULARIO


LEMBRADE: MÁXIMO DOUS ASISTENTES.
Por favor, facédeo CANTO ANTES. Necesitamos organizar os grupos.

A celebración terá lugar previsiblemente no noso centro o xoves 9 de xuño en dúas quendas.
Mañá: 11.00h
Tarde: 17.00h

Informaremos de calquera posible cambio na nosa páxina web.

Ímosvos organizar na quenda que vos toque segundo o voso curso.
No caso de que teñades algún problema para ir nesa quenda, deixade constancia nas suxestións e xa nos poñemos en contacto convosco.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut