Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Participación olimpiada filosófica

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega da Epapu de Ourense queremos felicitar as alumnas que participaron na Olimpíada Filosófica deste ano. O EDL encargouse de traducir e correxir a disertación e os escritos que acompañaron ás producións das alumnas. Non conseguiu clasificarse a alumna de 1º de Bac Filipa Magalhaes aínda que para nós é unha auténtica campioa coa fotografía marabillosa que acompaña esta entrada. No caso da Disertación na que tamén presentamos un traballo SI QUE NOS CLASIFICAMOS!! Parabéns a nosa Correspondentes Da Epa Jennifer Taboada Expósito que resultou seleccionada para representar ao noso centro na defensa pública do seu traballo na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. PARABÉNS ÁS DÚAS FILÓSOFAS DESTE CENTRO.

A prensa da historia

As alumnas e alumnos de primeiro de Bacharelato convertéronse en:

REPORTEIROS DA HISTORIA

As mulleres que cambiaron a ciencia

A nosa compañeira María realizou a montaxe deste video dunha das actividades máis bonitas que se fixeron con motivo do 8M ao longo da semana pasada. As alumnas e os alumnos de 4º ESA Noite e a súa titora Rosa, fixeron un traballo marabilloso.  O alumnado púxose na pel de científicas ou dos seus familiares para transmitirnos de primeira mán a súa experiencia vital. Ademais do video resumo, se accededes ao blog de Donas de Si poderás ver os videos enteiros de tódalas intervencións.

Terapia psicolóxica gratuíta incluída no seguro escolar

Terapia psicolóxica gratuíta incluída no seguro escolar

Trala pandemia e o confinamento, moitos de  nós podemos estar nun momento anímico difícil que poidera facer aconsellable acudir a un profesional da psiquiatría ou psicoloxía, cousa que na Seguridade Social ordinaria non está axeitadamente cuberta e que, de forma privada, non está ao alcance de tódolos bolsillos. Por iso, infórmovos que o seguro escolar permite acceder a terapia psicolóxica gratuíta. Nos seguintes enlaces atoparedes máis información sobre como solicitala:

A POLO 8M!!! Tódalas actividades da EPAPU propostas polos departamentos

Encaramos a semana do 8M con moita forza e un bo feixe de actividades deseñadas polos distintos departamentos da EPAPU. A nosa compañeira María recopilou todo o traballo feito e as actividades previstas para os vindeiros días en diferentes entradas do blog DONAS DE SI. Aquí vos deixo unha pequena escolma e os enlaces ás distintas entradas do blog.

Encontros con autores: Laura Novelle

A BiblioEPA, invítanos a ler e a escoitar a unha muller excepcional: Laura Novelle. En dúas sesións o día 7 de marzo, pola mañá ás 11 no noso centro EPAPU de Ourense e pola tarde ás 17:00 no Salón de Actos do Proxecto Home. Licenciada en Historia e cun posgrao en Xestión documental pola Universidade Jaume I, investigadora, docente nos diversos campus da Universidade de Vigo, bibliotecaria, escritora...Nin a súa diversidade funcional nin a súa condición de muller foron un obstáculo para conseguir as súas metas. Podes saber máis dela lendo o seu blog "Docendo Discitur" e por suposto acudindo a escoitala. 

Mulleres que cambiaron a ciencia

Proposta do Departamento de Ciencias para o día da muller. Vai ir acompañado dunha dramatización realizada polos alumnos de 4ºESA Noite e da súa profesora Rosa Méndez Campos, devecemos porque chegue o día 8 para poder disfrutar da vosa arte.

Contra a guerra amizade, amor e tatuaxes

O EDL da EPAPU de Ourense ven de organizar dúas actividades para lembrar algo que hoxe parece olvidado: o amor, a paz e a amizade son os valores que temos que defender, a cidadanía ten nas súas mans defender no día a día a Paz que queremos para o mundo no noso entorno más próximo, coa familia, cos amigos e tamén cos inimigos. A paz é unha construción social, argallémola xuntos.

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

TRANSLINGUANDO OS VERSOS DE ROSALÍA

Neste curso en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e todos os Departamentos da EPAPU de Ourense quixemos destacar a forza inclusiva e formadora que teñen de seu as aulas do noso centro. Nelas alumnado de todas as idades, formación e nacionalidade comparten espazos de creatividade dos que xorden iniciativas coma esta que vos presentamos co gallo da celebración do día de Rosalía. Temos alumnado francés, mongol, paquistaní, indi, norteamericano, brasileiro, chino, senegalés, alxeriano, marroquí, suramericanos, afgano... Falamos en todas as linguas e en todas elas "translenguamos" á nosa poeta máis destacada. A partir de hoxe e durante 15 días iremos subindo ao BLOG DE DONAS DE SI os audios co poema "Adios ríos, adios fontes" lidos polo alumnado da EPAPU de Ourense na súa lingua materna, acompañaremos cada un deles cun cartel no que se poderá ler, observar a súa letra e escoitar a través dun QR como soa. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut